COPRODEGA asina un convenio de colaboración bilateral co centro de formacion Big Formación

COPRODEGA asina un convenio de colaboración bilateral co centro de formacion Big Formación

O Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia asinou o pasado día 22 de marzo un convenio de colaboración bilateral co Centro de Formación Big Formación de Ourense.

O obxectivo do convenio é facilitar o acceso dos colexiados e dos seus familiares directos á oferta formativa relacionada co sector sanitario impartida por parte de Big Formación, así como aos cursos que desenvolva e promova o Colexio para a formación dos seus colexiados.

Con este convenio procédese ao establecemento das bases de colaboración e cooperación entre Big Formacion e COPRODEGA en relación coa formación e ulterior exercicio profesional dos titulados en Prótese Dental. A través deste acordo, ambas as dúas entidades organizarán conxuntamente actividades formativas para dar resposta ás demandas dos centros de traballo e procurar, por unha banda, a formación de posgrao dos estudantes, e por outro, a actualización das técnicas e metodoloxías de traballo cos profesionais en exercicio, como unha formación continuada. que responda ás necesidades dos seus estudantes e da profesión.

Con este compromiso, o Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia reforza a súa aposta pola formación como factor clave para o desenvolvemento persoal e profesional tanto dos recén titulados como dos profesionais en exercicio.

Durante a sinatura do convenio, D. Rubén Grande González, representante de Big Formación, sinalou que ”o obxectivo do Centro é apoiar á formación dos estudantes de prótese dental apostando pola cercanía ao mundo laboral”.

Pola súa banda, D. Avelino J. Sanmartin Caamaño, Presidente do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia, incidiu na formación como “un dos seus compromisos máis antigos e importantes e, froito do cal pretende contrubiur a que os novos tiulados e profesionais de Galicia estean mellor preparados e os seus laboratorios sexan máis competitivos nunha realidade sanitaria, social e económica que así no lo ven esixindo”.

Estes convenios de colaboración promovidos polo Colexio cos Centros de Formación contribúen a unha mellor formación dos estudantes ao mesmo tempo que incrementan a conexión destes co mundo profesional e contribuen a crear un lugar de encontro, que lles permita formarse de acordo ás necesidades máis demandadas no entorno laboral e establecer unha rede de contactos que lles resultará especialmente valiosa á hora de desenvolver a súa actividade profesional, ofrecendo para isto todo o apoio do Colexio e o seu equipo técnico e asesor.



error: contido protexido!
Falamos?