Facerse colexiado

Vantaxes

O/a protésico/a dental é aquel/a profesional inscrito/a no Colexio Oficial de Protésicos/as Dentais, que exerce a profesión de protésico/a dental de acordo co disposto na Lei 10/1986 do 17 de marzo, o RD 1591/2009, o RD 1687/2011 e a R.D.Lexislativo 1/2015, así como a demais lexislación vixente.

Os/as protésicos/as dentais teñen plena capacidade e responsabilidade respecto as próteses dentais que elaboran ou subministran e dos centros, instalacións e laboratorios correspondentes.

Nesta sección poderedes atopar toda a información sobre os nosos protésicos dentais colexiados, así como a información necesaria para exercer a profesión.

 

Cómo colexiarse

¿Por qué colexiarse?

A parte da obrigatoriedade por Lei de pertencer ao Colexio, son múltiples as vantaxas de pertencer ao Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia.

Será requisito indispensáble para exercer a profesión de protésico dental no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a incorporación ó Colexio Oficial de Protésicos/as Dentais de Galicia cando o domicilio profesional único ou principal radique nesta comunidade.

Son dereitos dos/as colexiados/as:

  • Exerce-la profesión e usa-lo título de protésico/a dental.
  • Utilizar e acceder ós servizos e medios colexiais en igualdade de condicións con calquera outro/a colexiado/a e nos termos que previamente se establezan.
  • Participar na xestión do Colexio a través dos órganos colexiados e exerce-lo sufraxio activo e pasivo nas condicións que prevén estes Estatutos para a elección dos órganos de goberno.
  • Recibir información sobre a actividade corporativa e profesional por medio de follas informativas, boletíns, publicacións, anuarios, circulares e xuntas regulamentarias.
  • Exercelo dereito de petición, propostas e solicitude, ante os órganos de goberno sobre aquelas cuestións que estime xustas e procedentes.
  • A súa defensa polo Colexio ante as autoridades, entidades, empresas ou particulares no exercicio profesional e con motivo do mesmo nas condicións e co alcance que previamente se determine.
  • A representación e apoio dos órganos de goberno nas súas xustas reclamacións e nas negociacións motivadas por diferenzas que xurdan con ocasión do exercicio da profesión. En todo caso a Xunta de Goberno velará e tomará as medidas oportunas para o mais estrito recoñecemento e defensa da competencia profesional do Colexio.
  • Comisionar ó Colexio no caso de que se teñan establecidos os servizos de Asesoría Xurídica para o cobro de soldos, remuneracións, facturas ou minutas profesionais nas condicións que previamente se determinen.
  • Participar nas actividades culturais e no disfrute das facultades e prerrogativas do Colexio que se lle recoñezan.
  • Ostentar e utilizar no exercicio da actividade a ensina profesional que se determine polos órganos do Colexio, así como o papel do Colexio co selo do mesmo se así o desexan.
  • Celebrar reunións de carácter colexial nas dependencias do Colexio cando se dispoñan delas, atendéndose ás normas que ó respecto dite a Xunta de Goberno.
  • Os/as colexiados/as terán o dereito de concorrer a tódolos actos de confraternidade para estreitar os lazos de solidariedade e compañeirismo e a usar a biblioteca e outros servizos que estableza o Colexio, sen prexuízo de autorización previa.

O Colexio está traballando a cotío para velar polo mellor para os seus asociados, a parte destes dereitos otorgados aos colexiados, son moitas máis as vantaxes de pertencer ao Colexio como a posibilidade de ser un Perito Protésico, seguros especiais para colexiados, moitos convenios con moitas e variadas empresas para lograr mellores ofertas en todo tipo de produtos e servizos, acceso preferencial a cursos e moitas máis cousas.

.
Dereitos e deberes

Os Estatutos do Colexio nos artigo 14º e 15º recoñecen aos seus membros, entre outros, os seguintes dereitos e impón os seguintes deberes:

Dereitos

  • Exercer a profesión e usar o título de protésicos dental.
  • Participar na xestión do Colexio a través dos órganos colexiados e exercer o sufraxio activo e pasivo.
  • Recibir información sobre a actividade corporativa, e exercer o dereito de petición, proposta e solicitude ante os órganos de goberno.
  • A súa defensa polo Colexio ante as autoridades, entidades, empresas ou particulares con motivo no exercicio da profesión, e a representación e apoio dos órganos de goberno nas súas xustas reclamacións e nas negociacións motivadas que xurdan con ocasión de dito exercicio.
  • Comisionar ao Colexio no caso de ter establecido o servizo para o cobro de soldos, remuneracións, facturas ou minutas profesionais.
  • Participar nas actividades culturais, ostentar e utilizar no exercicio da actividade a ensina profesional e o papel timbrado co selo do Colexio se así o desexa.
  • Celebrar reunións da carácter colexial nas dependencias do Colexio cando se dispoña delas, e concorrer a todos os actos de confraternidade e usar a biblioteca e outros servizos que estableza o Colexio, sen prexuízo de autorización previa.

Deberes

  • Cumprir e acatar o Estatutos e os acordos dos órganos de goberno do Colexio.
  • Designar un domicilio, satisfacer as cotas ordinarias e extraordinarias e as dos servizos que a Xunta de Goberno declare obrigatorias, así como aquelas destinadas para fins mutualistas, viuvidade, orfandade, vellez e outras que se establezan por dito órgano.
  • Non colaborar con quen realice actos de intrusismo profesional, absterse de calquera práctica que supoña competencia desleal e cumprir con máximo celo e eficacia as encargas profesionais.
  • Cobrar os honorarios no exercicio da profesión e facilitar a documentación que se refira a súa actividade profesional que lle sexa requirida polo Colexio.
  • Colaborar co Colexio en todas as accións legais encamiñadas á erradicación do intrusismo profesional, e gardar o segredo profesional no exercicio da profesión.
  • Mostrar sempre que se lle requira o carné de colexiado ao concorrer a actos ou usar servizos promovidos ou prestados polo Colexio.
.
Requisitos para ser Colexiado/a

Para ingresar no Colexio Oficial de Protésicos/as Dentais de Galicia son necesarios os seguintes requisitos:

  • Estar en posesión do título de protésico/a dental ou da habilitación profesional correspondente.
  • Ser maior de idade.
  • Non incorrer en causa de incapacidade legal para o exercicio da profesión.
  • Satisface-las cotas de ingresos e cumpri-los seguintes trámites documentais:
    • Ficha profesional debidamente cumprimentada no modelo normalizado aprobado polos órganos do Colexio.
    • Copia compulsada do carné de identidade.
    • Copia compulsada do título ou da habilitación profesional.
    • Xustificante da cota de ingreso e da primeira cota periódica.
    • Informe de vida laboral

Será requisito indispensáble para exercer a profesión de protésico dental no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a incorporación ó Colexio Oficial de Protésicos/as Dentais de Galicia cando o domicilio profesional único ou principal radique nesta comunidade.

O incumprimento de algún dos requisitos citados nos puntos anteriores será motivo de denegación da admisión de colexiación.

Igualmente poderán exercer no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia os profesionais colexiados noutro ámbito territorial no que teñan establecido o domicilio profesional único ou principal. Neste suposto, deberá comunicar a súa actuación ó Colexio Oficial de Protésicos/as Dentais de Galicia.

Os profesionais titulados ou habilitados vinculados coa Administración pública mediante relación de servizos de carácter administrativo ou laboral, non precisarán estar colexiados para o exercicio de funcións puramente administrativas nin para a realización de actividades propias da correspondente profesión por conta da administración á que pertenzan, cando o destinatario inmediato daquelas sexa esa administración. Si será obrigatoria, en consecuencia, a colexiación para o exercicio da actividade privada.

A obrigatoriedade de pertenza ó Colexio enténdese sen prexuízo do dereito de sindicación.

.
¿Cómo colexiarse?

Desde a creación do Colexio no ano 1999 a profesión de protésico/a dental ten carácter colexial, sendo imprescindible para o seu exercicio no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia estar incorporado a el a través do cumprimento dos requisitos e trámites esixidos polo artigo 10º.1. dos vixentes Estatutos aprobados mediante Decreto 304/2008, do 9 de outubro.

O apartado 2º de dito artigo en relación co procedimento de colexiación establece o siguiente:

Requisitos

  • Estar en posesión do título de protésico/a dental ou habilitación profesional correspondente.
  • Ser maior de idade.
  • Non incorrer en causa de incapacidade legal para o exercicio da profesión.
  • Satisfacer as cuotas de ingreso e cumprir os trámites de incorporación.

Trámites

A alta colexial deberá realizarse remitindo ao domicilio social do Colexio a seguinte documentación:

  • Enquisa e ficha profesional debidamente cumprimentada no modelo normalizado aprobado polos órganos de goberno do Colexio, a que podedes acceder desde estas páxinas.
  • Copia compulsada do carné de identidade.
  • Copia compulsada do título o habilitación profesional.
  • 3 fotos tamaño carné
  • Xustificante do ingreso dos custes asociados á tramitación da inscrición e da primeira cota periódica mensual.

Cotas

  • Custes asociados á tramitación da inscrición: 150 €.
  • Cota periódica mensual 30,00€.
  • Cota periódica mensual de 10,00 € cando se acredite algunha das seguintes situacións: desempregado, cese temporal de actividade, non exercente ou xubilación.
  • Os custes asociados á tramitación da inscrición, poderán fraccionarse previa petición formulada en modelo normalizado polo interesado ate un máximo de 12 pagos que coincidirán coas sucesivas cotas periódicas mensuais.

Existe a disposición dos colexiados un modelo de solicitude para a baixa colexial.

.

Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del R.D. 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información