Código Deontolóxico

Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia

Este Código Deontolóxico constitúe, non só o cumprimento dos fins e funcións esixidas polos propios Estatutos do Colexio, senón tamén unha aportación realizada desde dentro do colectivo profesional que, sen dúbida algunha, vai constituír unha guía esencial de comportamento desde unha dimensión ética e reverterá nunha maior calidade do servicio aos cidadáns.

O Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia establece o seguinte Código Deontolóxico:

Código Deontolóxico

Preámbulo

A partir do o ano 1986, no que se publica a Lei 10/1986, do 17 de marzo, sobre Odontólogos e outras profesións relacionadas ca saúde dental, escomenza o proceso de regulación normativa da profesión de Protésico Dental, que posteriormente será obxecto de desenvolvemento a través do Real Decreto 1594/1994, do 15 de xullo.

No ámbito do sistema educativo o lexislador pon as bases que definen o bloque de coñecementos necesarios que conforman a titulación requirida para o exercicio da profesión a través do RD 541/1995, do 7 de abril, polo que se establece o Título de Técnico superior en Próteses Dental e as correspondentes ensinanzas mínimas.

A través do Real Decreto 414/1996, do 1 de marzo, polo que se regulan os productos sanitarios,cas modificacións incorporadas a través do 2727/1998, do 18 de decembro, culmina a estructura normativa básica estatal que conforma o marco legal e técnico no que se move a profesión de Protésico Dental.

Este proceso complementase a nivel autonómico ca constitución do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia, a través do Decreto 69/2000, do 23 de marzo, no que se definen fins, e funcións do Colexio e obrigas e deberes dos Protésicos Dentais.

Somos conscientes de que persisten importantes baleiros normativos en relación co exercicio da profesión, e que non están debidamente harmonizados os distintos mecanismos de intervención administrativa que permitan erradicar o intrusismo profesional e situar o Protésico Dental no ámbito que lle corresponde dentro do conxunto do sistema sanitario. Tamén entendemos que están pendentes de desenvolver, o nivel de actuación territorial correspondente, as funcións de caracter administrativo que como Corporación de dereito público ten o Colexio en canto a inspección das condicións técnicas e académicas requiridas legalmente para o seu exercicio.

Este Código Deontolóxico constitúe, non só o cumprimento dos fins e funcións esixidas polos propios Estatutos do Colexio, senón tamén unha aportación realizada desde dentro do colectivo profesional que, sen dúbida algunha, vai constituír unha guía esencial de comportamento desde unha dimensión ética e reverterá nunha maior calidade do servicio aos cidadáns.

Por todo o anterior o Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia establece o seguinte Código Deontolóxico.

.
Capítulo I

Definición e ámbito de aplicación

Artigo 1º. O presente Código Deontolóxico constitúe o conxunto de principios e normas que se conforman como guía da conducta profesional do protésico dental.

Artigo 2º. Os deberes que impón este Código Deontolóxico, obrigan a tódolos protésicos dentais no exercicio da súa profesión. O Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia dedicará atención preferente a difundir e velar polo cumprimento dos preceptos deste Código

.
Capítulo II

Principios xerais

Artigo 3º. Son principios básicos das normas de conducta dos protésicos dentais, os seguintes:

  • Dignidade: O protésico dental debe actuar sempre conforme as normas de honor e dignidade da profesión, absténdose de todo comportamento que supoña, infracción ou descrédito.
  • Integridade: O protésico dental debe ser honesto, leal, veraz e dilixente no desempeño da súa profesión e na relación cos seus clientes e colegas, observará a maior deferencia, evitando cos mesmo posicións de conflicto.
  • Liberdade de elección: O cliente elixe libremente o seu protésico dental e todo protésico dental ten o deber de facilitar o exercicio deste dereito.
  • Función social: O protésico dental, como profesional da saúde dental e partícipe da función pública da sanidade orientará as súas actuacións como servicio a sociedade.
  • Competencia: O protésico dental debera valorar coidadosamente a súa competencia profesional, e debe posuír os coñecementos e cualificación técnica que lle permitan asumir a súas responsabilidades profesionais.
  • Responsabilidade: O protésico, dentro dos límites fixados legalmente, asumirá responsabilidade sobre o producto sanitario derivado da súa actividade, e deberá esixir a de aqueles que neglixentemente intervirán no seu proceso de obtención.
  • Discreción: O protéxico dental realizará ca debida discreción cantos actos afecten aos pacientes-usuarios e colegas de profesión, en orden a manter a privacidade de aqueles e a concordia nas relacións interprofesionais.
.
Capítulo III

Do secreto profesional

Artigo 4º. O protésico dental observará rigorosamente, como profesional da sanidade, o secreto profesional, manténdose estrictamente reservada toda a información que obtivera da súa actuación profesional, así como aquela que o facultativo lle facilitara con relación ó pácente usuario a quen vai destinada a prótese. Serán motivos que constitúen a excepción da norma anterior os seguintes:

  • Cando se deba responder as demandas da medicina forense ou peritaxe xudicial.
  • Cando o silencio implique perigo individual ou colectivo e se prevea un perigo inminente e grave para calquera membro da equipa de saúde bucodental ou para outra persoa.
.
Capítulo IV

Dos deberes do protésico dental no exercicio da súa profesión

Artigo 5º. O profesional protésico dental que exerza en calquera das modalidades, deberá cumprir a normativa vixente que en cada momento se dicte, para ofrecer a sociedade o producto deseñado cas máximas garantías a fin de colaborar co prestixio social da profesión.

Artigo 6º. O protésico dental deberá valorar coidadosamente a súa competencia profesional e se non se considera preparado adecuadamente para desenvolver unha función ou tarefa, xa que a complexidade das necesidades do paciente-usuario excede dos seus coñecementos debe comunicalo. Ante a dúbida non arriscará en ningunha acción que poda causar calquera perxuicio ó paciente-usuario senón que deberá consultar a colegas ou delegar o traballo noutros profesionais cualificados. Se o protésico dental non fora consciente de tales deficiencias e estas foran advertidas por outro colega, este estará obrigado a comunicarllo e, e no seu caso, poñelo en coñecemento do Colexio Oficial de Protésicos Dentais, na forma prevista no artigo 17º deste Código.

Artigo 7º. O profesional protésico dental debe manter unha actitude crítica permanente sobre a súa labor, co fin de garantir unha mellora profesional constante.

Artigo 8º. O profesional protésico dental deberá intercambiar coñecementos e experiencias con outros profesionais da sanidade dental e participar, ademais, en cursos e programas de formación continuada.

Artigo 9º. O profesional protésico dental debe comprometerse a manter e enriquecer a súa competencia profesional, incorporando novas técnicas e os coñecementos resultantes dos avances científicos, para proporcionar a calidade debida a todos os seus traballos.

Artigo 10º. O profesional protésico dental, titular dun laboratorio, ten a responsabilidade sobre os traballos realizados polos seus colaboradores. Sen prexuízo de que dita responsabilidade legal, a responsabilidade deontolóxica do protésico dental non desaparece nin se dilúe por traballar en quipo.

Artigo 11º. O profesional protésico dental non debe prestar colaboración en prácticas contrarias a ética ou “lex artis”, nin as encargará a colegas ou persoal colaborador, debendo poñer en coñecemento do Colexio a existencia das mesmas.

.
Capítulo V

Das relacións con outros profesionais sanitarios

Artigo 12º. As relacións con outros profesionais sanitarios, e cos membros dos equipos de saúde bucodental, deben basarse no respecto mutuo e na delimitación propias de cada profesional.

Artigo 13º. O profesional protésico dental non utilizará ningún medio de comunicación público ou profesional para a realización de declaracións que sexan falsas, fraudulentas, inxustas ou que induzan ó engano, referidas a compañeiros de profesión xa sexa con alusións persoais ou sobre as súas técnicas de traballo.

Referido os seus colegas, absterase de efectuar críticas, denuncias ou difamacións, sen proba ou testigos que confirmen o exposto. Neste caso procederase da forma mais discreta e, se procede, ante os organismos que teñan atribuída legalmente a competencia para sancionar.

Artigo 14º. O profesional protésico dental non debe intentar apropiarse, con métodos contrarios a ética profesional, dos clientes dos seus colegas debendo respectar, en todo caso, as vixentes normas da competencia.

Artigo 15º. Os problemas que afecten o colectivo de profesionais deberán discutirse no seo dos organismos profesionais competentes e soio cando se esgote esta vía poderase recorrer a outros medios.

Artigo 16º. Non supón faltar o deber de lealdade o que un Protésico Dental comunique o seu Colexio, de forma obxectiva e ca debida discreción, as infraccións dos seus colegas contra as regras da ética profesional.

.
Capítulo VI

Das relacións do protésico dental co Colexio

Artigo 17º. O protésico dental está obrigado a respectar os órganos de goberno e os membros que os compoñan, así como atender ca máxima dilixencia os requirimentos emanadas de aqueles órganos e dos seus membros, cando actúen no exercicio das súas funcións.

Artigo 18º. O profesional protésico dental que participe en órganos de goberno do Colexio, asociacións ou institucións, debe comprometerse a manter unha actitude ética na súa liña de actuación.

Artigo 19º. Os membros do equipo de goberno do Colexio están obrigados a gardar secreto sobre deliberacións ou resolucións que nas respectivas sesións se acorden como reservadas.

Artigo 20º. Aqueles que participen en órganos de goberno, non deben sacar proveito persoal no uso dos seus cargos. Ademais, velará pola transparencia na contratación de servicios, persoal administrativo, selección e adxudicación de contratos, e en todos aqueles aspectos que podan implicar un beneficio persoal ou compartido por uns poucos.

Artigo 21º. O profesional protésico dental terá o dereito de esixir o Colexio Profesional que cumpra cos seguintes deberes:

  • Defender que as condicións profesionais sexan económica e socialmente xustas.
  • Esixir que os dereitos adquiridos como profesionais sexan protexidos debidamente.
  • Velar por ter unhas condicións de traballo que lle permitan exercer a súa profesión dunha maneira autónoma e obter unha lexítima satisfacción persoal e profesional.
  • Promover e controlar o cumprimento do código de ética profesional.
  • Defender os colegas que se vexan prexudicados polo cumprimento deste principios éticos.
  • Arbitrar nos conflictos que xurdan no exercicio da profesión.
  • Velar pola calidade do ensino da prótese dental.
  • Velar para que os profesionais estean presentes nos órganos de goberno estatais responsábeis da planificación e ordenación da nosa profesión.
  • Promover e facilitar, cos medios que teña o seu alcance, a formación continuada de todos os profesionais.
  • Sancionar a mala praxes profesional.
.
Capítulo VII

Do deberes co paciente-usuario

Artigo 22º. O profesional protésico dental, ante a existencia dun erro ou incidente no exercicio da súa profesión que poda prexudicar o paciente-usuario, ten a obrigación de tomar as medidas e empregar os recursos o seu alcance para subsanalo de forma inmediata, adoptar as medidas preventivas que impidan a súa reiteración e comunicalo as autoridades sanitarias.

Artigo 23º. O profesional protésico dental deberá traballar con materias autorizados polo control de normas sanitarias. Os productos sanitarios elaborados polo protésico dental deberán acompañarse da tarxeta sanitaria identificativa da prótese para entregar o paciente, así como da declaración de conformidade, e todos aqueles visados e documentos que en cada momento establezan as autoridades sanitarias.

Artigo 24º. Se o odontólogo ou estomatólogo solicitara do protésico dental un procedemento que este estimara inadecuado ou inaceptable, este informará debidamente, si é posible, o facultativo, o paciente-usuario e o seu propio Colexio.

 
.
Capítulo VIII

Da actividade do protésico dental como perito

Artigo 25º. Os protésicos dentais que actúen en calidade de peritos deberán igualmente acomodar a súas actividades profesionais a esixencias deste Colexio.

Artigo 26º. O protésico dental perito que no curso da súa actuación obtivera algún dato que supoña evidencia ou risco para a saúde do paciente, deberá comunicalo inmediatamente.

.
Capítulo IX

Da publicidade e publicacións profesionais

Artigo 27º. Os protésicos dentais poderán realizar libremente publicidade dos seus servicios, dentro dos límites da deontoloxía profesional e da normativa vixente sobre publicidade e competencia desleal.

Artigo 28º. A publicidade dos protésicos dentais deberá fomentar a confianza da sociedade na competencia profesional do protésico dental, e no seu compromiso ca sanidade dental.

Artigo 29º. Considerarase publicidade contraria as normas deontolóxicas, entre outras, as seguintes:

  1. A que designe ou estableza comparacións con outros protésicos dentais ou cas súas actuacións.
  2. A que ofreza ou suxira resultados cuia obtención non dependa soio do exercicio profesional do protésico dental.
  3. A que vulnere ou poña en risco o deber do secreto profesional.
  4. A que utilice emblemas ou símbolos colexiais ou corporativos, cuio uso non este autorizado polo Colexio en canto constitúe a expresión pública da imaxe corporativa.


Artigo 30º. O protésico dental ten o deber de comunicar prioritariamente os medios profesionais os descubrimentos que realizara ou as conclusións dos seus estudios e ensaios científicos.

Artigo 31º. O protésico dental non poderá empregar nas súas publicacións científicas escritas, orais ou visuais, ningún nome ou detalle que permita a identificación do paciente. Cando non poda obviar esta posibilidade de identificación, deberá dispoñer do consentimento expreso do interesado.

Artigo 32º. En materia de publicacións científicas son contrarias os deberes os deberes deontolóxicos as seguintes actuacións:

  1. Dar a coñecer de forma prematura procedementos de eficacia aínda non determinada ou esaxerar esta.
  2. Falsificar ou inventar datos.
  3. Copiar ou plaxiar o publicado por outros autores.
  4. Non mencionar tódalas fontes de financiación do traballo obxecto de publicación.
  5. Realizar publicacións repetitivas.
     
.
Capítulo X

Dos honorarios

Artigo 33º. O protésico dental ten dereito a ser remunerado de acordo ca importancia e as circunstancias do servicio que presta a sociedade, debendo obter por elo uns honorarios dignos.

Artigo 34º. O protésico dental non poderá prestar servicios, nin vender productos que vulneren as regras vixentes sobre competencia desleal.

.
Capítulo XI

Das prohibicións

Artigo 35º. Queda prohibida a venta a domicilio e calquera tipo de venta indirecta ao público do producto sanitario prótese dental, sen prexuízo do reparto, distribución e subministro aos laboratorios de próteses dentais legalmente comunicados ante as Autoridades Sanitarias da Comunidade Autónoma correspondente, para a venda directa ao público, de conformidade co artigo 16.3 do Real Decreto 414/1996, do 1 de marzo, polo que se regulan os productos sanitarios.

Artigo 36º. Queda prohibido distribuír e vender o producto sanitario próteses dental en ou ó través de establecementos que non foran debidamente comunicados de acordo co artigo 16.3 do Real decreto 414/11996 do 1 de marzo, polo que se regulan os productos sanitarios, concretamente as clínicas dentais.

Artigo 37º. Queda prohibido ofertar, outorgar ou prometer primas, vantaxes pecunárias ou vantaxes en especie aos profesionais sanitarios ou calquera outro cualificado relacionados, ca utilización, prescrición e indicación e dispensación do producto sanitario prótese dental, así como aos seus parentes ou persoas da súa convivencia.

Artigo 38º. Queda prohibida a comercialización do producto sanitario prótese dental, entendida según a definición do artigo 3.h) do Real Decreto 414/1996, do1 de marzo, polo que se regulan os productos sanitarios, a profesionais que polo seu exercicio clínico lles sexa incompatíbel a participación en dito comercio, concretamente Odontólogos, Médicos Estomatólogos e Ciruxanos Maxilofaciais, salvo no caso que ditos profesionais se constitúan en destinatarios finais do producto sanitario prótese dental, ou sexa pacientes.”

Artigo 39º. Queda prohibido subministrar o producto sanitario prótese dental a persoas físicas ou xurídicas que se adiquen a unha actividade de servicios, concretamente Odontólogos, Médicos Estomatólogos e Ciruxanos Maxilofaciais, a sabendas que ditos productos sanitarios van a ser subministrados, cedidos ou transferidos por estes profesionais aos pacientes.”

Artigo 40º. Queda prohibido calquera acto, omisión, práctica concertada ou conscientemente paralela que produza ou poda producir ou coartar a liberdade do pácente/consumidor na elección de laboratorio de prótese dental.”

.

Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del R.D. 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información