Cidadáns

A Prótese Dental

Información sobre a prótese dental

O Colexio ofrécete nesta sección toda a información acerca da prótese dental, a sua venda, distribución e coidado.

Utiliza o menú situado na parte esqueda para navegar a través das distintas seccións onde se tratarán temas relacionados coa prótese dun xeito máis específico.

Se desexas colaborar connosco podes enviarnos calquera información que poida ser de axuda para aumentar a información relacionada coas próteses detais intentando ofrecer unha información de proveito para tódolos usuarios, estudiantes, profesionais,... ¡Moitas grazas por adiantado!

A Prótese Dental

¿Qué é unha prótese dental?

Unha prótese dental, é un elemento artificial destinado a restaurar a anatomía de unha ou varias pezas dentarias, restaurando tamén a relación entre os maxilares, á vez que devolve a dimensión vertical, e repón tanto a dentición natural como as estruturas periodontais.

Tal vez sexa o obxectivo de maior importancia nunha prótese, posto que recuperar a funcionalidade de unha boca é o básico para o benestar do pacente, i é o primeiro, ainda que  non o único, que debe lograrse. As funcións da boca que ante todo se deben recuperar son: primeiro unha masticación eficaz (eficiente trituración dos alimentos), sen que a prótese interfira na deglución, posto que ambas funcións inflúen directamente en algo tan fundalmental como é a alimentación, e segundo unha fonética axeitada que permita ao paciente unha correcta comunicación, sen que a prótese interfira nela, senón todo o contrario, que a posibilite. Ademáis de isto,obviamente debe terse en conta que as próteses non deben interferir na respiración.

.
¿Qué é un protésico dental?

O protésico dental é o profesional sanitario encargado de deseñar, elaborar e fabricar as distintas próteses dentais existentes, así como os aparatos de ortodoncia removible, as férulas dentais, as cubetas de impresión individuais, e outros.

Do mesmo modo que elabora, tamén se encargará de reparar o anteriormente citado en caso de rotura ou desgaste polo paso do tempo.

Cada caso clínico require unha prótese ou dispositivo determinado, e cada dispositivo que fabrica o protésico dental é unha obra artesanal única e personalizada que ten de cumplir todolos requisitos necesarios, tanto funcionais como estéticos, por elo, para desempeñar a profesión ademáis de adquirir os coñecementos necesarios, tanto técnicos como sanitarios (coñecemento das propiedades químicas e físicas dos materiais que usa, coñecemento de técnicas de traballo e uso de maquinaria e instrumental, coñecemento de anatomía oral e incluso facial, etc.), o protésico dental precisa ser habilidoso coas suas mans, e necesita perfeccionarse como profesional mentras desempeña a sua labor creativa co paso do tempo, para adquirir unha requerida experiencia.

.
¿Quen pode fabricar unha protése dental?

O protésico dental ten recoñecido o carácter de profesión sanitaria polo artigo 2.3. da Lei 44/2003, do 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias

De acordo co establecido no RD 1591/2009, de 16 de outubro, polo que se regulan os produtos sanitarios, a prótese dental é un produto sanitario a medida de carácter invasivo, da clase IIa, cuxa fabricación require licenza sanitaria previa de funcionamento da instalación. O seu outorgamento correspóndelle á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, e para súa concesión ou denegación estarase ao disposto no Decreto galego 294/2004, do 14 de outubro.
 

Só poden fabricar próteses dentais aqueles que teñan a titulación esixida polo RD 1594/1994, do 15 de xullo, ou a habilitación outorgada pola Administración autonómica, que estean incorporados ao colexio profesional correspondente, e que desenvolvan a súa actividade no laboratorio de prótese. O protésico dental ten recoñecido o carácter de profesión sanitaria polo artigo 2.3. da Lei 44/2003, do 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias.


Os laboratorios de próteses dentais estarán necesariamente organizados, xestionados e dirixidos polos protésicos dentais que se atopen en posesión da titulación ou habilitación requirida

.
¿Qué responsabilidade ten o protésico sobre a prótese que fabrica?

O protésico dental elaborará a prótese dental de acordo coas indicacións e prescricións dos médicos estomatólogos ou odontólogos, tendo plena capacidade e responsabilidade ante o facultativo que a prescribiu, salvo cando existan derivacións achacábeis ás impresións e rexistros bucodentais ou ulteriores colocacións da prótese.

A prescrición constitúe o documento que permite elaborar a prótese adaptada a un determinado paciente, e deslinda o ámbito da responsabilidade sobre as eventuais deficiencias do produto final. Ademais destas funcións, debe identificar adecuada e suficientemente ao paciente en orde a realizar operacións distintas das propiamente sanitarias.


As prescricións de medicamentos ou produtos sanitarios deberán cumprir os requisitos especificados no R.D. Lexislativo 1/2015, do 24 de xullo e no RD 1718/2010, de 17 de decembro, sobre receta médica e ordes de dispensación. O seu artigo 5º recolle o contido inescusable para súa validez e os datos adicionais necesarios distintos dos estritamente asistenciais, tales como verificación, cuantificación, liquidación, tratamento informático, comprobación ou outros similares.

COLEXIO OFICIAL DE PROTÉSICOS DENTAIS DE GALICIA

A prótese dental deberá estar elaborada mediante a utilización dos produtos, materiais, técnicas e procedementos normalizados de traballo tal e como se prevé no RD 1591/2009, do 16 outubro.
A prótese dental seranlle de aplicación as normas en materia de garantías na venda de bens de consumo, particularmente, de acordo co establecido nos artigos 114 e seguintes da RD Lexislativo 1/2007, de 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios e outras leis complementarias. Agás proba en contrario, presumirase que as faltas de conformidade que se manifesten nos seis meses posteriores a entrega xa existían cando o produto se entregou, salvo cando esta presunción sexa incompatible coa natureza do ben ou coa índole da falta de conformidade. Prescribirá a acción de reclamación unha vez transcorridos tres anos desde a entrega do ben, debendo o consumidor informar ao vendedor a falta de conformidade no prazo de dous meses desde que tivo coñecemento dela.

Por así esixilo o artigo 43 da Lei de Ordenación das Profesións Sanitarias, os protésicos dentais que exerzan no ámbito da asistencia sanitaria privada, están obrigados a subscribir o oportuno seguro de responsabilidade que cubra as indemnizacións que se podan derivar dun eventual dano ás persoas causados con ocasión da prestación da asistencia ou servizo.

.
¿Quen pode vender próteses dentais?

A comercialización consiste na primeira posta a disposición a título oneroso ou lucrativo (gratuíto) dun produto sanitario non destinado a investigacións clínicas, con vistas a súa distribución ou utilización no mercado comunitario, independentemente de que se trate dun produto novo ou totalmente renovado.

De acordo co previsto nos artigos 22 e seguintes do RD 1591/2009, do 16 de outubro, poderán vender e distribuír produtos sanitarios a medida aquelas persoas físicas ou xurídicas que se adiquen a dita actividade e que o comuniquen por escrito as autoridades sanitarias da Comunidade Autónoma.

O exercicio das profesións médicas ás que se refire o artigo 4.1. do R.D. Lexislativo 1/2015, do 24 de xullo, será incompatible con calquera clase de interese económico directo derivado da fabricación, elaboración e comercialización dos medicamentos e produtos sanitarios.

.
¿Que responsabilidade ten o protésico sobre a prótese que fabrica?

O protésico dental elaborará a prótese dental de acordo coas indicacións e prescricións dos médicos estomatólogos ou odontólogos, tendo plena capacidade e responsabilidade ante o facultativo que a prescribiu, salvo cando existan derivacións achacábeis ás impresións e rexistros bucodentais ou ulteriores colocacións da prótese.

A prescrición constitúe o documento que permite elaborar a prótese adaptada a un determinado paciente, e deslinda o ámbito da responsabilidade sobre as eventuais deficiencias do produto final. Ademais destas funcións, debe identificar adecuada e suficientemente ao paciente en orde a realizar operacións distintas das propiamente sanitarias.

As prescricións de medicamentos ou produtos sanitarios deberán cumprir os requisitos especificados no R.D. Lexislativo 1/2015, do 24 de xullo e no RD 1718/2010, do 17 de decembro, sobre a receita médica e ordes de dispensación. O seu artigo 5º recolle o contido inescusable para súa validez e os datos adicionais necesarios distintos dos estritamente asistenciais, tales como verificación, cuantificación, liquidación, tratamento informático, comprobación ou outros similares.

A prótese dental deberá estar elaborada mediante a utilización dos produtos, materiais, técnicas e procedementos normalizados de traballo tal e como se prevé no RD 1591/2009, do 16 outubro.

A prótese dental seranlle de aplicación as normas en materia de garantías na venda de bens de consumo, particularmente, de acordo co establecido nos artigos 114 e seguintes do R.D. Lexislativo 1/2007, do 17 de decembro, deberá responder o vendedor das faltas de conformidade que se manifesten nun prazo de dous anos desde a data de entrega. Agás proba en contrario, presumirase que as faltas de conformidade que se manifesten nos seis meses posteriores a entrega xa existían cando o produto se entregou, salvo cando esta presunción sexa incompatible coa natureza do ben ou coa índole da falta de conformidade. Prescribirá a acción de reclamación unha vez transcorridos tres anos desde a entrega do ben, debendo o consumidor informar ao vendedor a falta de conformidade no prazo de dous meses desde que tivo coñecemento dela.

Por así esixilo o artigo 43 da Lei de Ordenación das Profesións Sanitarias, os protésicos dentais que exerzan no ámbito da asistencia sanitaria privada, están obrigados a subscribir o oportuno seguro de responsabilidade que cubra as indemnizacións que se podan derivar dun eventual dano ás persoas causados con ocasión da prestación da asistencia ou servizo.

.
Recomendacións de uso

Cada prótese presentará unhas determinadas indicacións das que deberá ser informado o paciente polo odontólogo.

Segundo o tipo de prótese o paciente deberá concienciarse en maior ou menor medida do mantemento da mesma, non obstante, son as próteses removibles (aquelas que o paciente pode retirar da boca e colocar novamente por sí mesmo), as que necesitarán de unha especial indicación para o usuario. Algúns consellos xerais para este tipo de prótese ben poderían ser:

  • Lavar a prótese despois de cada comida, usando un cepillo de dentes convencional ou ben un cepillo especial para prótese (que se pode adquirir en calquera farmacia), aplicando pasta dentífrica, ou ben xabón ou calquera tipo de lavavaixelas líquido (fairy, mistol, etc.), e despois aclarar moi ben con auga. É importante a hixiene da prótese así como da propia boca, principalmente por saúde e polo tanto por comodidade e ben estar, evitando ademáis o deterioro da prótese, así como malos olores ou a simple perda das características estéticas da mesma. Por elo o odontólogo debe insistir ao pacente na necesidade de realizar esta operación, se non tras cada comida, ao menos unha vez ao día.

  • Retirar a prótese para durmir, posto que é recomendable que os texidos da boca descansen da presión á que se ven sometidas, ao menos unhas horas diariamente.

  • Mentras se manteña a prótese fora da boca, aconséllase conservala en auga, ben soa, ou ben engadíndolle unhas pastillas desinfectantes preparadas para ese menester. De este modo evitanse golpes e deformacións, ao mesmo tempo que se conservan mellor os materiais dos que están feitas as próteses.

  • Cuando se manteña a prótesis retirada da boca, tal vez antes de durmir, é aconsellable realizar masaxes nas encías, posto que de este modo mellorarase o risco sanguíneo, o que fará que a reabsorción dos texidos sexa ao menos algo menor.

En coronas e pontes fixos, o cepillado deberá realizarse de igual modo que o de unha dentadura natural, existindo fíos dentais especialmente deseñados para este tipo de próteses, sendo recomendables tamén os enxuagues bucais con gluconato de clorhexidina ou incluso fluoruro de sodio, previamente recetados polo odontólogo.

.

Boletín de novas

Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín de novas.


Centros de Formación de Prótese Dental en Galicia


Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del R.D. 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información