VI Xornadas de Confraternidade Colexial

Actualidade

O pasado día 25 de xuño de 2011 na Casa das Palabras Verbum da cidade de Vigo, celebráronse as VI Xornadas de Confraternidade Colexial organizadas polo Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia.

A celebración das Xornadas de Confraternidade teñen como obxectivo principal, por unha banda o recoñecemento da traxectoria profesional daqueles colexiados que cesan no exercicio da súa actividade de protésico dental logo de acadar a súa xubilación; e por outra, impulsar o compañeirismo e unión do colectivo entre todos os colexiados.

O acto foi presidido polo Presidente do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia, D. Avelino J. Sanmartín Caamaño, ao cal asistiron personalidades de outras comunidades autónomas como D. Antonio Roldán (membro da Xunta directiva do Ilustre Colexio Profesional de Protésicos Dentais da Comunidade de Madrid), D. José Ribagorda (Poñente de Cultura do Ilustre Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Castela A Mancha), así como profesionais dea prótese dental de recoñecido prestixio como D. Max Bosshart, D. Francisco Troyano e o Dr. David García Baeza acompañado dalgúns doutores que conforman o seu equipo.

A celebración das mencionadas xornadas, iniciáronse, cunha interesante e ilustrativa mesa redonda na cal os expertos D. Francisco Troyano, D. Max Bosshart e D. Peter Gerber debateron sobre a filosofía do método Gerber.

Os actos continuaron cunha cea. Tra-la cal, se iniciou a apertura dos actos de homenaxe a cargo do Sr. Presidente do Colexio D. Avelino Sanmartín, quen procedeu á entrega dunha placa, pola súa traxectoria profesional, ao colexiado santiagués D. Vispo Gabriele Rútolo di Russo, o cal fixo referencia aos seus inicios na prótese dental en Italia e Suiza así como ao profundo amor que sinte pola profesión.

Logo deste homenaxe, procedeuse ao nomeamento, a título póstumo, do Profesor D. Albert Gerber, como Membro de Honra do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia en recoñecemento á súa aportación ao exercicio profesional da prótese dental. De seguido, fíxoselle entrega dunha placa conmemorativa así como do pin de ouro do Colexio ao seu fillo D. Peter Gerber os cales aínda seguen vixentes na actualidade na práctica diaria.

Ao recoñecemento de tan insigne profesional seguiu unha emotiva proxección na cal D. Francisco Troyano fixo un repaso da biografía, logros e avances do Profesor D. Albert Gerber.

Dende a Xunta de Goberno do Colexio queremos agradecer o gran ambiente reinante en toda a xornada. É intención desta Xunta de Goberno que o dito ambiente perdure nas vindeiras xornadas. Así mesmo, dende a Xunta de Goberno queremos mostrar todo o noso agradecemento a todos aqueles asistentes, así como ás firmas: AMA SegurosNobel BiocareCendres & MetauxHeraeusIvoclar VivadentGarzón: Productos e Servicios DentaisGT-MedicalJucadentNoritakeDentalite Predanet Servizos Informáticos, entidades que colaboraron nas xornadas, sen cuxa colaboración xunto coa vosa asistencia, non sería posible.


Boletín de novas

Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín de novas.


Opcións de contacto

981 571 017

981 581 008

Hórreo 7, 1ºDereita - Santiago de Compostela

coprodegacoprodega.es




Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del R.D. 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información