V Congreso de Odontoloxía Multidisciplinar

Actualidade

A Asociación Galega de Formación Odontolóxica (AGFO) vai realizar o V Congreso de Odontoloxía Multidisciplinar o día 17 de novembro de 2018, no Edificio de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela.

Os colexiados do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia terán condicións especiais á hora de formalizar a inscrición.

 V CONGRESO AGFO

Días:    Sábado 17 de novembro de 2018

Lugar:  Edificio de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Rúa San Francisco s/n

Inscrición:   Os prezos para a inscrición teñen diversas promocións ata o día 31 de xullo sendo o prezo para os colexiados socios de AGFO, de 30 euros e non socios 60euros. Ata o 30 de setembro de 40 euros para socios e 80 euros para non socios, e ata o 9 de novembro de 50 euros para socios e 100 euros para os non socios. 

Na nota de inscrición inclúese a comida e cafés.

A inscrición poderá facerse a través do seguinte correo electrónico: info@agfo.org.es                                      

O programa, relatores e toda a información sobre o Congreso figura no documento que se axunta. V CONGRESO AGFO

 

 


Boletín de novas

Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín de novas.


Opcións de contacto

981 571 017

981 581 008

Hórreo 7, 1ºDereita - Santiago de Compostela

coprodegacoprodega.es




Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del R.D. 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información