Roberto Portas Moure, premio á mellor comunicación oral

Actualidade

O colexiado Roberto Portas Moure recibiu o premio á Mellor Comunicación Oral no Congreso SEPES 2010, polo seu traballo “Resultados estéticos con microcarillas: simplificando a estética” en colaboración co profesional Rafael Piñeiro Sande.

Segundo os autores do traballo: “Os avances experimentados nos últimos anos no que se refire á adhesión cerámica ao tecido dental e a aparición constante de novos materiais que melloran as súas cualidades físicas, permítennos na actualidade dar solucións estéticas aos nosos pacientes que fai uns anos eran impensables.

O disilicato de litio é un destes materiais que nos permite confeccionar carillas de grosor e tamaño moi reducido. Coñecidas co nome de “carillas finas” ou “microcarillas” poden confeccionarse en muoitas ocasións sen necesidade de comprometer o tecido dental remanente do paciente.

O mais que fiable sistema de inxección cerámica é utilizado para elaborar estas restauracións que simplifica dun xeito importante o traballo clínico e o do laboratorio prestando so unha especial atención ao proceso adhesivo e de acabado. Por contraposición esixe un esforzo extra no que se refire á coordinación entre o dentista e o técnico para conseguir resultados estéticos óptimos.

Preséntanse distintas situacións clínicas nas que podemos utilizar estas restauracións analizando os resultados estéticos conseguidos.


Boletín de novas

Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín de novas.


Opcións de contacto

981 571 017

981 581 008

Hórreo 7, 1ºDereita - Santiago de Compostela

coprodegacoprodega.es




Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del R.D. 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información