Programa de Promoción do Emprego Autónomo

Actualidade

A Consellería de Traballo subvencionará a promoción e axuda a financiar aqueles proxectos empresariais que faciliten a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que desenvolvan a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores ou traballadoras autónomos/as ou por conta propia, así como apoiar a consolidación dos seus proxectos empresariais mediante o fomento da contratación indefinida.

A finalidade deste programa é é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores ou traballadoras autónomos/ as ou por conta propia, así como apoiar a consolidación dos seus proxectos empresariais fomentando a creación de emprego mediante a contratación indefinida da súa primeira persoa traballadora desempregada.

Ao abeiro desta orde subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 16 de setembro de 2009 ata o 30 de xuño de 2010, ambos inclusive.

As actuacións subvencionables do programa para a promoción do emprego autónomo, realizadas entre o 16 de setembro do ano 2009 e a data de publicación desta orde, poderán acollerse ás axudas da mesma, aínda que transcorrese o prazo establecido dende a alta na Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional. O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 30 de xuño de 2010.

Para máis información visita a páxina da Xunta. 


Boletín de novas

Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín de novas.


Opcións de contacto

981 571 017

981 581 008

Hórreo 7, 1ºDereita - Santiago de Compostela

coprodegacoprodega.es




Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del R.D. 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información