Principais novidades tributarias

Actualidade

Con motivo das distintas modificacións fiscais que se están a producir ao longo deste ano, quixemos resumir a grandes trazos, aqueles aspectos que consideramos de principal interese tanto para a súa actividade profesional como para a súa vida cotiá.

A.- MODIFICACIÓNS IVE

Como é coñecido, o Real Decreto-Lei 20/2012, do 13 de xullo, publicado no BOE con data de 14 de xullo aprobou unha importante suba dos tipos de IVE. Así, o tipo reducido pasou do 8% ao 10% e o tipo xeral subiu do 18% ao 21%, manténdose o tipo súper reducido no 4%. Igualmente, un bo número de bens e servizos pasaron de estar gravados polo tipo reducido a facelo ao tipo xeral (é dicir, pasando do 8% ao 21%), e mesmo algúns bens pasaron do 4% ao 21%. Estas subas aplícanse dende o 1 de setembro de 2012.

Polo que afecta ás próteses dentais, seguen estando exentas de IVE. O Real Decreto de Medidas Urxentes aprobado non modifica a Lei do IVE sobre a asistencia dental. As prestacións de servizos realizadas no ámbito das súas respectivas profesións por estomatólogos, odontólogos, protésicos dentais... así como a entrega, reparación e colocación de próteses dentais realizadas por estes, calquera que sexa a persoa a cuxo cargo se realicen as devanditas operacións, están exentas do Imposto sobre Valor Engadido.

En resumo:

1.- O tipo súper reducido mantense no 4 por cento, salvo "os obxectos que, polas súas características, só poidan utilizarse como material escolar".
2.- O tipo xeral do 8% pasa ao 10%
3.- O tipo xeral do 18% pasa ao 21%

4.- Conxuntamente coa elevación de tipos introdúcense as seguintes modificacións:

Bens e servizos que tributaban ao tipo reducido do 8%, pasan a facelo ao tipo xeral do 21%, entendendo como bens e servizos os seguintes:

a) Entregas de bens

- As flores e plantas vivas de carácter ornamental.
- Importacións de obxectos de arte, antigüidades e obxectos de colección
- Entregas e adquisicións intracomunitarias de obxectos de arte cuxo provedor sexa o autor ou empresario non revendedor con dereito a deducir

b) Prestación de servizos

- Servizos mixtos de hostalaría, espectáculos, discotecas, salas de festa, barbacoas ou outros análogos.
- A entrada a teatros, circos e demais espectáculos, parques de atraccións, parques zoolóxicos, exposicións, visitas a monumentos e parques naturais.
- Servizos prestados por artistas persoas físicas.
- Servizos prestados a persoas físicas que practiquen o deporte.
- Os servizos funerarios.
- A asistencia sanitaria dental e curas termais que non gocen de exención. 
- Os servizos de perruquería.
- Servizos de radiodifusión e televisión dixital.


B.- MODIFICACIÓN DE IRPF (REAL DECRETO-LEI 20/2012, DO 13 DE XULLO. BOE DO 14 DE XULLO)

1.- Incremento da porcentaxe de retención para determinados rendementos do traballo.

Con efectos dende 1 de setembro de 2012 modifícase o apartado 3 do artigo 101 incrementándose ao 19 por cento a porcentaxe de retención e ingreso a conta sobre os rendementos do traballo derivados de impartir cursos, conferencias, coloquios, seminarios e similares, ou derivados da elaboración de obras literarias, artísticas ou científicas, sempre que se ceda o dereito á súa explotación.

Non obstante nos períodos impositivos 2012 e 2013, aos rendementos satisfeitos ou aboados a partir do 1 de setembro de 2012 a porcentaxe de retención será o previsto no apartado 4 da DA trixésimo quinta da Lei 35/2006 que eleva a porcentaxe do 19 por cento ao 21 por 100.

En conclusión, de acordo con esta nova regulación os tipos de retención serán os seguintes:

- Rendementos satisfeitos ou aboados ata o 31 de agosto de 2012: o 15%.
- Rendementos satisfeitos ou aboados dende o 1 de setembro de 2012 ata o 31 de decembro de 2013: o 21%.
- Rendementos satisfeitos a partir do 1 de xaneiro de 2014: o 19%.

2.- Incremento da porcentaxe de retención dos rendementos de actividades profesionais.

Con efectos dende 1 de setembro de 2012 modifícase a letra a) do apartado 5 do artigo 101 incrementándose ao 19 por cento a porcentaxe de retención. Non obstante, aplicarase a porcentaxe do 9 por cento sobre os rendementos de actividades profesionais que se establezan regulamentariamente.

Non obstante nos períodos impositivos 2012 e 2013, aos rendementos satisfeitos ou aboados a partir do 1 de setembro de 2012 a porcentaxe de retención será o previsto no apartado 4 de DÁA trixésima quinta da Lei 35/2006 que eleva a porcentaxe do 19 por cento ao 21 por 100.

En conclusión, de acordo con esta nova regulación os tipos de retención serán os seguintes:

a) Rendementos satisfeitos ou aboados ata o 31 de agosto de 2012:


- Con carácter xeral, o 15%.
- No período impositivo de inicio da actividade e nos dous seguintes, así como nos casos que se determinen regulamentariamente, o 7%.

b) Rendementos satisfeitos ou aboados dende o 1 de setembro de 2012:


- Con carácter xeral:
- Dende o 1 de setembro de 2012 ata o 31 de decembro de 2013: o 21%.
- Dende o 1 de xaneiro de 2014: o 19%.

c) No período impositivo de inicio da actividade e nos dous seguintes,
así como nos casos que se determinen regulamentariamente, o 9%.


C.- MODIFICACIÓN SOBRE IMPOSTO SOBRE SOCIEDADES

Novidades con carácter temporal aplicables a pagamentos fraccionados correspondentes a períodos impositivos iniciados dentro dos anos 2012 e 2013, cuxo período de ingreso se inicie a partir do 15 de xullo de 2012.

1.- Modificación da Base impoñible respecto da que se calculan os pagamentos fraccionados que realizan segundo modalidade de artigo 45.3 TRLIS.

O artigo 26. Segundo. Un do RDL20/12, modifica o artigo 45.3 do TRLIS, aumentando a base impoñible do período respecto do cal se calcula o correspondente pagamento fraccionado e que se utiliza para o cálculo deste, integrando o 25 por cento do importe dos dividendos e as rendas percibidas neste.

Estas modificacións afecta ás empresas do seguinte xeito:

Modifícanse as porcentaxes para o cálculo dos pagamentos fraccionados ás seguintes porcentaxes:

Suxeitos pasivos cuxo volume de operacións, do Imposto sobre o Valor Engadido, non superase a cantidade de 6.010.121,04 euros durante os doce meses anteriores á data en que se inicien os períodos impositivos dentro do ano 2012 ou 2013:

- A contía do pagamento fraccionado, como o resultado de multiplicar por 5/7 o tipo de gravame redondeado por defecto.


Boletín de novas

Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín de novas.


Opcións de contacto

981 571 017

981 581 008

Hórreo 7, 1ºDereita - Santiago de Compostela

coprodegacoprodega.es




Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del R.D. 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información