Novidade Lexislativa

Actualidade

Con data de 11 de xullo de 2011 foi publicado no BOE o RD 887/2011, de 24 de xuño, polo que se complementa o catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, mediante o establecemento de tres cualificacións profesionais correspondentes á Familia Profesional Sanitaria.

Este Real Decreto ten por obxecto establecer determinadas cualificacións profesionais e os seus correspondentes módulos formativos que se inclúen no Catálogo Nacional de Cualificacionós Profesionais, regulado porlo Real Decreto 1128/2003, de 5 de setembro, modificado polo Real Decreto 1416/2005, de 25 de novembro.

As novas calificacións profesionais que se publican son as de Documentación Sanitaria, Imaxe para o Diagnóstico, Prótese Dental, Produtos Sanitarios Ortoprotésicos e Axudas Técnicas e a de Análises en Laboratorios Forenses. As de Documentación Sanitaria, Imaxe para o Diagnóstico e Prótese Dental adxudícanselles o nivel 3.

Son as cinco novas cualificacións profesionais da familia da Sanidade que se aprobaron no Consello de Ministros, opasado día 24 de xuño, enterrando así as reclamacións dos profesionais sanitarios de Análises en Laboratorios Forenses, Documentación Sanitaria, Imaxe para o Diagnóstico e Prótese dental que demandaban o nivel 4.


Boletín de novas

Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín de novas.


Opcións de contacto

981 571 017

981 581 008

Hórreo 7, 1ºDereita - Santiago de Compostela

coprodegacoprodega.es




Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del R.D. 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información