Novas conferencias

Actualidade

Con data 26 de febreiro de 2011 celebraranse dúas conferencias, que terán lugar no Salón de Actos do Colexio de Médicos en Santiago de Compostela, sito na rúa San Pedro de Mezonzo nº 39-41, dende as 9:30 horas ás 13:30 horas.

As ditas conferencias serán impartidas polos ditantes D. Manuel Ruíz Agenjo(presidente do Colexio Profesional de Protésicos Dentais de Cantabria) baixo o título “Factores macro y microscópicos en la rehabilitación con prótesis fija”; seguido por D. Juan Carlos Ezquerro baixo o título “De la luz a la cerámica” cuxo obxectivo é a explicación dos diferentes matices que aportan os xogos de luces que se conseguen manexando as masas correspondentes ás cerámicas dentais coas súas diferentes propiedades lumínicas.

O prezo do curso será de 25€ para os colexiados e estudantes e de 75€ para outros profesionais.

Toda a información, inscrición, etc, poderase atopar e descargar na ruta: servizos/cursos de formación.

Polo demais, este ano o Colexio presenta como novidade a posibilidade de inscribirse a todos os cursos que se celebren no ano 2011(un total de 6cursos) de xeito individual para asistir a cada un deles, tal e como se viña facendo ata agora; ou ben, mediante unha inscrición mais económica dun Abono Anual 5+1 por medio do cal, dos seis cursos programados un será totalmente de balde.


Boletín de novas

Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín de novas.


Opcións de contacto

981 571 017

981 581 008

Hórreo 7, 1ºDereita - Santiago de Compostela

coprodegacoprodega.es




Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del R.D. 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información