Licenza de funcionamento de productos sanitarios a medida

Actualidade

O Colexio ten coñecemento que dende a Xefatura Territorial da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade de A Coruña, se está requirindo aos laboratorios de prótese dental desta provincia, que non dispoñen da licenza de funcionamento de produtos sanitarios a medida, para que procedan á súa tramitación.

Tendo en conta o anterior, poñemos no voso coñecemento que o Colexio dispón dos modelos así como da documentación necesaria para proceder á solicitude da devandita licenza. Tramitación da que se encarga o Colexio de forma totalmente gratuita.

Polo demais, lembramos aos colexiados que para o exercicio da profesión, xunto coa obriga de colexiación, é requisito indispensable para a fabricación de prótesis dentais, apertura e funcionamento dos laboratorios, a preceptiva licenza de fabricación de produtos sanitarios a medida.

Para calquera información, non dubidedes en poñervos en contacto coa Secretaría Técnica.


Boletín de novas

Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín de novas.


Opcións de contacto

981 571 017

981 581 008

Hórreo 7, 1ºDereita - Santiago de Compostela

coprodegacoprodega.es




Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del R.D. 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información