I Premio de Relato Corto

Actualidade

A revista GACETA DENTAL convoca o I PREMIO DE RELATO CORTO, os textos presentados a este premio terán que estar relacionados no seu argumento ou en algúnha das súas personaxes principais co mundo do sector dental. O relato gañador será publicado en GACETA DENTAL e o seu autor recibirá unha placa acreditativa.

1- CONVOCATORIA

1) Convócase o Premio de Relato Corto GACETA DENTAL

2) Poderán concorrer a este todas as persoas que, de acordo coas seguintes bases, aporten un relato corto propio inédito, escrito en castelán.

3) A extensión de relato non poderá superar os 20 folios DIN-A4, interliñado dobre y cun tamaño mínimo de fonte de 12 puntos.

2- TEMÁTICA

Os textos presentados a este premio terán que estar relacionados no seu argumento ou en algúnha das súas personaxes principais co mundo do sector dental.

3- PRESENTACIÓN DE RELATOS

1) Os participantes deberán presentar as obras por duplicado, ademáis de en soporte CD ou por correo electrónico a redacción@gacetadental.com.
2) Os relatos terán un seudónimo como único elemento identificativo. Ademáis, deberán acompañar un sobre pechado no que figure o seudónimo e unha declaración do autor na que se fará constar:

2.1- O seu nome, dirección completa e teléfono de contacto.

2.2- Declaración de que se trata dunha obra propia e inédita.

2.3- Compromiso de aceptar todo o especificado nas presentes bases, así como tamén as decisións que se adopten polo Xurado.

3) Admitirse exclusivamente unha obra por concursante.

4) Os relatos e demáis documentación deberán remitirse á seguinte dirección:

Redacción Gaceta Dental

Avenida del Manzanares, 196

28026 Madrid

5) A presentación poderá realizarse ata o venres 12 de xullo de 2013.

6) No se devolverán orixinais, decidindo Gaceta Dental a destrución dos relatos y demáis documentación dos autores non premiados.

4- XURADO

1) Por Gaceta Dental designarase un xurado no que figurarán persoas relacionadas co mundo do libro e a literatura.

2) A decisión do Xurado será inapelable.

3) O gañador do premio no poderá ser declarado ex aequo.

5- DOTACIÓN

O relato gañador será publicado en GACETA DENTAL e o seu autor recibirá unha placa acreditativa. O finalista recibirá una placa acreditativa.

6.- MAIS INFORMACIÓN

91 563 49 07

redaccion@gacetadental.com


Boletín de novas

Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín de novas.


Opcións de contacto

981 571 017

981 581 008

Hórreo 7, 1ºDereita - Santiago de Compostela

coprodegacoprodega.es




Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del R.D. 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información