I Feira do Emprego de Santiago de Compostela

Actualidade

O Concello de Santiago, en colaboración con entidades representativas do ámbito social e económico da nosa cidade, está organizando a I Feira de Emprego de Santiago de Compostela que se celebrará os días 7 e 8 de outubro. O obxectivo fundamental é servir de punto de encontro entre demandantes de emprego e empresas, facilitando os procesos de selección de persoal. Na páxina web www.feiradoempregosantiago.org poden consultar toda a información sobre as actividades que se realizarán e, como poderán comprobar, a inscrición das empresas e dos desempregados realízase a través da propia web. Asimesmo é posible seguirnos a través do facebook.com

Se considera que pode ser útil que os seus colexiados/as participen neste evento agradecemos a difusión que poidan realizar do mesmo e estamos abertos a calquer tipo de colaboración/participación da súa entidade na Feira segundo consideren oportuno. Se dispoñen de sitio web agradeceríamos que nos indiquen se existe a posibilidade de colocar un banner informativo da Feira que redireccione cara a páxina da Feira (no seu caso enviarémoslle os posibles modelos de banner e nos axustaremos as características de estrutura da web).

Para calquer aclaración que precisen poden contactar con nós nos e-mails bolsaemprego@santiagodecompostela.org e ranidod@santiagodecompostela.org ou nos teléfonos 981542493 e 981568752. A persoa de contacto é Rubén Anido.


Boletín de novas

Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín de novas.


Opcións de contacto

981 571 017

981 581 008

Hórreo 7, 1ºDereita - Santiago de Compostela

coprodegacoprodega.es




Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del R.D. 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información