Dous novos libros na sede do colexio (parte I)

Actualidade

Dous novos libros na sede do colexio (parte I)

Seguindo a nosa política de partillar información profesional cos nosos colexiados, comunicamos a adquisición de dúas novas publicacións que aportan moita información técnica de calidade.

 

Las claves de la prótesis fija en cerámica

A pesar de que a estética é importante non o é menos a función”, di no abstract do novo libro que adquirimos no Colexio de Protésicos Dentais de Galicia. Trátase de “Las claves de laprótesis fija en cerámica”, polos autores Ernest Mallat Callís, Juan Cadafalch Cabaní e Javier de Miguel Figuero.

Materiais como o disilicato de litio ou o óxido de zirconio, sumáronse a outros cerámicos ou híbridos, para tratar de competir con eles. Coñecer as claves de cada un deles, en base á estética e ás propiedades mecánicas é o que aborda cumpridamente este libro que está á disposición de todos os colexiados en Galicia.

O libro da editorial Lisermed, saíu leste mesmo ano, está en castelán, encadernado con tapa dura, 528 páxinas, e máis de 1700 imaxes ben explicadas e argumentadas. 

Mallat Callís e os seus outros autores, abondan en asuntos como o “desgaste, xa sexa só a nivel dos dentes anteriores ou tamén a nivel dos dentes posteriores. Nestes pacientes hai unha serie de decisións que se deben tomar e que son claves para o éxito do noso tratamento, por exemplo, cando restaurar só os dentes anteriores ou cando será conveniente aumentar a dimensión vertical, cal é o primeiro paso na planificación do tratamento dos casos con desgastes, de que maneira gañaremos espazo para o material restaurador por palatino”, por exemplo.

Tamén aborda o relativo “ao modelado dos espazos pónticos tanto en cristas cicatrizadas como en cristas postextracción ou ao protocolo de cementado dos distintos sistemas cerámicos e materiais híbridos.

Ademais, dedícase un capítulo ao tratamento con fundas de porcelana, outro describe en profundidade o tema relativo á cor e ao diagnóstico da cor,  outro aborda a fotografía desde un punto de vista moi práctico e, por último, un capítulo céntrase no fluxo dixital, o presente e futuro dos procedementos prostodónticos”. En fin, un libro de gran utilidade para todos os colexiados.

 


Boletín de novas

Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín de novas.


Opcións de contacto

981 571 017

981 581 008

Hórreo 7, 1ºDereita - Santiago de Compostela

coprodegacoprodega.es




Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del R.D. 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información