Curso 9 de xullo de 2011

Actualidade

Con data 9 de xullo de 2011 celebraranse tres conferencias, que terán lugar na Casa das Palabras Verbum, sita na Avda. de Samil nº 17, da cidade de Vigo, entre as 10:00 horas e as 18:00 horas.

As ditas conferencias serán impartidas polos ditantes D. Francisco Troyanobaixo o título “Alternativas de Estética Integrada con materiais de nova xeración”; D. Javier Ruiz Giner, baixo o título “Tud (Transparent Under Dentin) para intentar simular a profundidade dos dentes” e por D. Max Bosshart, baixo o Título “¿Qué tipo de articulación nos dan os articuladores?"

Polo que se refire á poñencia de D. Francisco Troyano, cando alguén observa unha pintura, escultura ou ben unha construción, sempre se manifesta unha enorme cantidade de sentimentos, ben distintos para cada un, uns de emoción, outros de admiración, ou simplemente de indiferencia. Pois ben, todos estos sentimentos son producidos por pequenos matices que percibe, de xeito individual, todo ser humano. Certo é que existen aspectos comúns que non pasan desapercibidos a un determinado número de xente, pero se afondamos no seu interior a súa percepción terá pequenas diferencias. Hoxe en día, no traballo diario, ocórrenos isto, pese a ter un traballo moi similar hai que procurar dar un toque sutil a cada un deles, para facelos diferentes.

En canto á conferencia de D. Javier Ruiz Giner, sempre se fala de transparencia ou translucidez dos dentes naturais, pero unha característica que se pasa por alto habitualmente é a profundidade da dita translucidez. Se observamos atentamente un grupo de dentes naturais sans, percibiremos unha serie de matices, contrastes e diferentes tons cromáticos que non se atopan na superficie ou preto dela, senon que, pola contra, háchanse a diferentes niveis de profundidade. Estes son os efectos que se deben intentar copiar se o obxectivo é conseguir restauracións de aspecto natural. Tratará de explicar a técnica que el utiliza, bastante simple no seu concepto, pero moi efectiva.

Programa:

  • 09:30 horas: Apertura e presentación
  • 10:00-11:30 horas: Poñencia D. Francisco Troyano
  • 11:30-12:00 horas: Coffee Break
  • 12:00-13:30 horas: Poñencia D. Javier Ruiz Giner
  • 16:00-18:00 horas: Poñencia D. Max Bosshart.

Inscrición:
O prezo do curso será de 25€ para os colexiados e estudantes e de 75€ para outros profesionais.


Boletín de novas

Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín de novas.


Opcións de contacto

981 571 017

981 581 008

Hórreo 7, 1ºDereita - Santiago de Compostela

coprodegacoprodega.es




Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del R.D. 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información