Cotización dos autónomos para a cobertura por cese de actividade

Actualidade

A Lei 32/2010, de 5 de agosto, pola que se establece un sistema específico de protección por cese de actividade dos traballadores autónomos entrou en vigor o día 6 de novembro. A partir desta data crease un período tamén de tres meses, con carácter excepcional, para que os autónomos que actualmente non cotizan por accidente de traballo e enfermidade profesional podan facelo, beneficiándose así mesmo da nova prestación. Prazo excepcional que concluirá o 6 de febreiro de 2011.

Os traballadores autónomos que estean cotizando polas continxencias profesionais (accidente de traballo e enfermidade profesional) comezarán a pagar a partir deste mes un 2,2% adicional sobre a súa base de cotización para percibir no seu momento as prestacións do novo sistema. Este maior custe verase reducido en 0,5 puntos da cotización por continxencias comúns, polo que o incremento neto será do 1,7% (sobre a base mínima 14,30€).

Cando o autónomo con estas coberturas se vexa obrigado a cesar a súa actividade poderá solicitar unha prestación equivalente ao 70% da súa base de cotización, cubrindolle tamén a cotización por continxencias comúns.

Para ter dereito á prestación o autónomo deberá ter cotizado por cese de actividade durante un período mínimo de doce meses e estar ao corrente das súas cotizacións, podendo chegar a percibir aquela ata un máximo de doce meses, cando cotizara un mínimo de 48 meses con anterioridade.


Boletín de novas

Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín de novas.


Opcións de contacto

981 571 017

981 581 008

Hórreo 7, 1ºDereita - Santiago de Compostela

coprodegacoprodega.es




Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del R.D. 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información