Convocatoria de eleccións e exposición ó público do censo electoral provisional

Actualidade

Ponse en coñecemento de todos os colexiados que o Pleno da Xunta de Goberno, en sesión celebrada o 26 de decembro de 2012 e de conformidade co disposto no artigo 45º.1, adoptou acordo de CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS, quedando fixada a data da xornada electiva o día 26 DE MARZO DE 2013, na sede social, sito na Rúa Hórreo 7, 1º Esquerda, de Santiago de Compostela, entre as 10,00 e as 18,00 horas.

CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS AOS ÓRGANOS DE GOBERNO

En cumprimento do disposto no artigo 45º.3 dos Estatutos aprobados mediante Decreto 304/2008, do 9 de outubro, ponse en coñecemento de todos os colexiados que o Pleno da Xunta de Goberno, en sesión celebrada o 26 de decembro de 2012 e de conformidade co disposto no artigo 45º.1, adoptou acordo de CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS, quedando fixada a data da xornada electiva o día 26 DE MARZO DE 2013, na sede social, sito na Rúa Hórreo 7, 1º Esquerda, de Santiago de Compostela, entre as 10,00 e as 18,00 horas.

Antes de que transcorra un mes desde o acordo de convocatoria quedará constituída a Xunta Electoral, composta polos membros do Pleno da Xunta de Goberno que non opten a reelección e, por conseguinte, que non renunciaran ao cargo.

As candidaturas poderán presentarse dentro do prazo comprendido entre a data do último anuncio publicado de convocatoria e ata un mes antes da data de celebración das eleccións, debendo cumprir cos requisitos esixidos polos artigos 42 e 48º dos Estatutos.

Co obxecto de garantir o exercicio do voto por correo remitirase a todos os colexiados a documentación esixida polo artigo 51º dos Estatutos, sendo válidos os recibidos ata 24 horas antes da xornada electiva.

EXPOSICIÓN AO PÚBLICO DO CENSO ELECTORAL PROVISIONAL

Aprobado provisionalmente polo Pleno da Xunta de Goberno, en sesión celebrada o 28/12/2012, o CENSO ELECTORAL,correspondente á elección de cargos do 26 de marzo de 2013 comprensivo dos colexiados que cumpren os requisitos do artigo 43º dos Estatutos, en cumprimento do establecido no artigo 47º, exponse ao público durante un prazo de 3 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do último inserido no DOG e nas páxinas autonómicas dun dos xornais de maior difusión de Galicia, para que polos interesados se presenten as reclamacións que se estimen oportunas na Sede Colexial a través do Rexistro Xeral.
 


Boletín de novas

Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín de novas.


Opcións de contacto

981 571 017

981 581 008

Hórreo 7, 1ºDereita - Santiago de Compostela

coprodegacoprodega.es




Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del R.D. 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información