Convenio de colaboración

Actualidade

Debido á obrigatoriedade de cumprir a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPD), e o seu regulamento de desenvolvemento estipulado no RD 1720/2007, de 21 de decembro, o COLEXIO OFICIAL DE PROTESICOS DENTAIS DE GALICIA asinou un convenio de colaboración con LODPDAT PROTECCION DE DATOS S.L (LOPDAT).

A LOPD obriga a todos os profesionais que traten datos ao cumprimento de certas normas, baixo a ameaza por incumprimento de sancións que oscilan entre os 600 e os 600.000 €.

Este convenio recolle o compromiso de LODPAT de adaptar aos membros de COPRODEGA a un prezo preferente. No caso de estar adaptado, revisarse o estado da adaptación para actualizala ás últimas directivas da Axencia Española de Protección de Datos.

As CONDICIÓNS BÁSICAS ás que se chegou no convenio son as seguintes:

  1. Aplicación de LOPDAT dunhas tarifas pola prestación de servizos que teñen un gran desconto sobre o prezo normal. 
  2. Conxuntamente se realizaron todas as acciones necesarias para poder explicar correctamente a finalidade do convenio, a obrigatoriedade do cumprimento da lei, as accións necesarias para a súa implantación, calquera dúbida plantexada polos colexiados do Colexio. 
  3. Compromiso de LOPDAT de realizar a adaptación nas seguintes condicións:
    • Visita para análise da xestión de datos realizada. 
    • Inscrición dos ficheiros na AEPD. 
    • Redacción do documento de seguridade. 
    • Apoio técnico e comercial durante o proceso de adaptación.

Todos aqueles interesados en proceder á adaptación da protección de datos dos seus laboratorios deben dirixirse ben á Secretaría Técnica do Colexio, ben a LOPDAT nos seguintes teléfonos 981524591 ou 902202145 respectivamente.


Boletín de novas

Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín de novas.


Opcións de contacto

981 571 017

981 581 008

Hórreo 7, 1ºDereita - Santiago de Compostela

coprodegacoprodega.es




Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del R.D. 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información