Celebración das V Xornadas de Confraternidade

Actualidade

O pasado día 3 de Xullo de 2010, nas instalacións do Hotel Samil de Vigo, celebráronse as V Xornadas de Confraternidade organizadas polo Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia.

O acto foi presidido polo Presidente do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia, D. Avelino J. Sanmartín Caamaño, ao cal asistiron personalidades como D. Juan Losilla Bocanegra (Presidente da Federación de Protésicos Dentais de España), D. Joaquín García Quesada ou D. Juan Carlos Gavira Tomás, (presidente do Colexio Profesional de Protésicos Dentais de Castela A Mancha), así como diversos profesionais relacionados co mundo da prótese dental. Aos actos, entre outros, non puido asistir D. Miguel Ángel Dancausa Aguarón (Expresidente da Asociación de Protésicos Dentais de Aragón e Extesoureiro da Federación Española de Prótese Dental). quen remitiu un escrito cunhas verbas dedicadas ao anfitrión e mesmo aos alí presentes.

A celebración das meritadas xornadas, iniciouse pola mañá cunha ofrenda floral no cemiterio de Pereiró organizada pola Asociación de Pontevedra. Continuouse pola tarde, cunha interesante e ilustrativa conferencia impartida polo Sr. Losilla Bocanegra. Tra-la cea, iniciouse a apertura dos actos de homenaxe a cargo do Poñente de Cultura do Colexio D. Manuel Corral Fariñas, quen procedeu á entrega dunha placa, pola súa traxectoria profesional, ao colexiado lucense D. Severo Pereira Fernández, o cal fixo unha referencia aos seus inicios na prótese dental así como ao profundo amor que sinte pola profesión.

Acto seguido, a dirección do protocolo proseguiu, por deferencia cos mais achegados do anfitrión, a cargo do coñecido colexiado pontevedrés D. Rodrigo Sánchez Fandiño, quen se uniu aos nomeamentos a título póstumo do colexiado D. Evaristo Mariñas Rivera como Membro Fundador e colexiado Emérito do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia en recoñecemento pola súa labor tanto na creación do Colexio como nas melloras da profesión, ao cal lle dedicou unhas emotivas palabras na súa lembranza. De seguido, fíxoselle entrega dunha placa así como do pin de ouro do Colexio á súa filla Dª. Mª Eugenia Mariñas quen mostrou con gran emoción e afecto o seu agradecemento por toda a xornada e o ambiente con quen seu pai tanto ten compartido cos presentes.

Ao recoñecemento de tan insigne profesional do mundo da prótese dental uníronse outros colexiados, compañeiros de profesión e amigos os cales tamén lle dedicaron unhas palabras no seu recordo, destacaron os versos dedicados polo polifacético e creativo compañeiro colexiado lucense D. Benjamín Cela Franco.

Dende a Xunta de Goberno do Colexio queremos agradecer o gran ambiente reinante en toda a xornada. É intención desta Xunta de Goberno que o dito ambiente perdure en vindeiras xornadas. Así mesmo, dende a Xunta de Goberno queremos mostrar todo o noso agradecemento a todos aqueles asistentes, así como a AMA Seguros, Nobel Biocare, Cendres & Metaux, Precinox e Victoriano Regueiro S.L. entidades que colaboraron nas xornadas, sen cuxa colaboración xunto coa vosa asistencia, non sería posible.


Boletín de novas

Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín de novas.


Opcións de contacto

981 571 017

981 581 008

Hórreo 7, 1ºDereita - Santiago de Compostela

coprodegacoprodega.es




Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del R.D. 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información