Axudas a Proxectos de Creación ou de Inversión en Pemes

Actualidade

O pasado venres 13 de Decembro publicouse no DOG a resolución do IGAPE pola cal se aproban as bases reguladoras das axudas aos proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e procédese á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (Galicia Emprende).

Prazo de presentación: Dende o 2 de Xaneiro de 2014 ata o 30 de Abril de 2014 ou no momento do esgotamento do crédito presupostario.

Requisitos:

  • No caso de autónomos non ter unha antigüidade superior a un ano no RETA nin ter unha participación superior ao 25% noutra sociedade mercantil; no caso de Sociedades a súa antigüidade tampouco pode ser superior a un ano na data de solicitude da axuda.

  • Debe presentarse un custo subvencionable superior a 35.000 euros e inferior a 500.000.

  • Os gastos e/ou investimentos terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.

  • Os beneficiarios deberán achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25% do seu importe, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

Podedes ver a Resolución completa aquí.


Boletín de novas

Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín de novas.


Opcións de contacto

981 571 017

981 581 008

Hórreo 7, 1ºDereita - Santiago de Compostela

coprodegacoprodega.es




Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del R.D. 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información