O vindeiro sábado día 25 de xuño procederase á celebración da Sesión Extraordinaria nº 2/2011 da Asemblea Xeral, a cal terá lugar na Casa das Palabras Verbum, sita na Avenida de Samil nº 17 de Vigo (Pontevedra), ás 18:00 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda convocatoria.
Ao abeiro do disposto no artigo 19, a partir da convocatoria están a disposición dos colexiados na sede social do Colexio e da Secretaría (C/Hórreo nº 7, 1º Esquerda, de Santiago de Compostela) os expedientes incluídos na orde do día.
De conformidade co establecido no artigo 17º dos Estatutos, formarán parte da Asemblea Xeral os/as colexiados/as con plenitude de dereitos, debendo os asistentes a partir das 17,30 horas presentarse portando o carné de colexiado ou DNI aos efectos de realizar as comprobacións oportunas.
Por motivos organizativos, prégase aos asistentes puntualidade, e confirmación da súa asistencia a través da Secretaria Técnica do Colexio (Tel. 981 524 591 / coprodega@coprodega.es).