A Xunta concederá diversas axudas económicas

Actualidade

O pasado día 7 de abril do 2010 publicouse no DOGA a Orde de 18 de marzo pola cal se publican as bases para a concesión de axudas individuais en réxime de concorrencia competitiva para persoas maiores, persoas con discapacidade e persoas en situación de dependencia empadroadas na comunidade autónoma de Galicia.

A finalidade destas axudas é a de apoiar a persoas con axudas técnicas ou produtos de apoio para o normal desenvolvemento da vida diaria, facilitar as adaptacións funcionais do fogar e a eliminación de barreiras arquitectónicas e a adquisición de próteses dentais e audífonos co obxecto de compensar as limitacións funcionais.

Poderán ser beneficiarios das axudas as persoas maiores cunha idade igual ou superior aos 65 anos, persoas con discapacidade menores de 65 anos que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33% polo equipo de orientación e valoración de discapacidades e as persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia polo órgano de valoración da dependencia.

Todas estas persoas que cumpran unha serie de requisitos, como residir en Galicia, non ter recibido nos dous últimos anos axudas para o mesmo fin…, poderán solicitar a axuda. A solicitude formalizarase segundo o modelo que se axunta como anexo III da Orde e presentarase no departamento territorial da Consellería de Traballo e Benestar correspondente á residencia do solicitante.

O modelo oficial da solicitude está disposición dos interesados nos departamentos territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, nos servizos sociais de atención primaria dos concellos e na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar (http://www.xunta.es).

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no DOGA.


Boletín de novas

Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín de novas.


Opcións de contacto

981 571 017

981 581 008

Hórreo 7, 1ºDereita - Santiago de Compostela

coprodegacoprodega.es




Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del R.D. 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información