A Xunta aproba diversas axudas económicas

Actualidade

A Xunta de Galicia concederá axudas económicas a persoas maiores de 65 anos, discapacitadas ou que estean en situación de dependencia, para reformas e adaptacións no fogar, compra de próteses dentais e audífonos ou axudas técnicas para o normal desenvolvemento da súa vida diaria. O obxectivo é fomentar a autonomía persoal destes grupos.

Os galegos que sigan os requisitos (estar empadroado en Galicia e ter a idade, o grao de minusvalía ou a situación de dependencia recoñecida) poderán solicitar a axuda ata o 23 de agosto do ano en curso.

Do valor total da concesión, 2,5 millóns de euros, 550.000 serán destinados aos maiores de 65 anos, 550.000 ás persoas \\ e 400.000 aos dependentes. Un millón de euros será reservado para as adaptacións no fogar e a retirada de barreiras arquitectónicas que impiden a mobilidade, como as escaleiras verticais.

El modelo oficial da solicitude pode ser descargado desde a páxina web da Xunta (www.xunta.es) ou na da rede de apoio á autonomía (www.coidanet.com).


Boletín de novas

Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín de novas.


Opcións de contacto

981 571 017

981 581 008

Hórreo 7, 1ºDereita - Santiago de Compostela

coprodegacoprodega.es




Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del R.D. 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información