Novas

Actualidade

Dous novos libros na sede do colexio (Parte II)

Dous novos libros na sede do colexio (Parte II)

 

Dous novos libros na sede do colexio (parte I)

Dous novos libros na sede do colexio (parte I)

Seguindo a nosa política de partillar información profesional cos nosos colexiados, comunicamos a adquisición de dúas novas publicacións que aportan moita información técnica de calidade.

DENTAL TECNIC

Xornada Homenaxe in Memorian Narcís Ros

V Congreso de Odontoloxía Multidisciplinar

A Asociación Galega de Formación Odontolóxica (AGFO) vai realizar o V Congreso de Odontoloxía Multidisciplinar o día 17 de novembro de 2018, no Edificio de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela.

Os colexiados do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia terán condicións especiais á hora de formalizar a inscrición.

 V CONGRESO AGFO

Días:    Sábado 17 de novembro de 2018

Falecemento de D. Narcís Ros i Asmarat

O Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia, quere facer chegar as máis sinceras condolencias ao Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Cataluña pola sensible perda do noso compañeiro Narcís Ros i Asmarat, facendo extensible o máis sentido pésame a toda a súa familia, amigos e compañeiros.

Congreso APTPD 2018 os días 4 e 5 de maio

A Asociación Portuguesa de Técnicos de Prótese Dental vai realizar o seu congreso de 2018 os días 4 e 5 de maio, no Europarque en Santa Maria da Feira.

Circular 4/2017

Curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico de formación profesional.

Horario en agosto

Durante o mes de agosto a atención por parte da Secretaría Técnica será unicamente polas mañás en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Traspaso de laboratorio

Por motivos persoais traspásase laboratorio dental en A Coruña ciudad cerca da estación de tren. Laboratorio funcionando perfectamente e con carteira de clientes. Ten rexistro sanitario e licenza de fabricación (nº 15-2014-008-DE-1) en vigor ata o 16/05/2019. Local de 80m2 con aire acondicionado e saída de fumes. Para máis información contactar por teléfono (630825918) ou por e-mail: lopeznunezadrian@gmail.com.

Curso con Waldo Zarco Nosti

Os días 27 e 28 de xullo de 2017 terá lugar en Lugo o curso impartido por Waldo Zarco durante un día e medio, 14 horas, para dez inscritos.

Novo Curso de fotografía dental

Os días 22 e 23 de setembro en Santiago de Compostela terá lugar un curso de fotografía dental no hotel Hesperia Peregrino sito na avenida Rosalía de Castro S/N.

Curso de Técnicos de Laboratorio

Desenrólase dentro do VII Symposium Internacional de Implantología "Ciudad de Oviedo", os días 10 e 11 de Febreiro de 2017.

Convocatoria Sesión Ordinaria 1/2017, Asemblea Xeral

Por medio do presente remítese a convocatoria para a celebración da Sesión Ordinaria nº 1/2017 da Asemblea Xeral que terá lugar o vindeiro sábado día 14 de xaneiro no Hotel Tryp Santiago, sito na rúa Restollal, nº 24 de Santiago de Compostela, ás 11:00 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda convocatoria.

Novo Curso de Fotografía

Introdución á fotografía dental de calidade na práctica clínica, será o curso impartido por Pablo Verdes Núñez o 30 de setembro e o 1 de outubro en Malpica.

Restauracións cerámicas anteriores con Initial MC

Curso básico ditado por Oscar Jiménez en Madrid, o 30 de setembro de 2016.

Sentencia de cotas colexiais

Remítese a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia nº 4 de Santiago de Compostela con data de 12 de maio de 2016, por medio do cal se condena a un colexiado a aboar as cotas colexiais adebedadas por non acreditar documentalmente o cese na actividade profesional malia ter solicitada a baixa colexial.

Xornadas Internacionais

O vindeiro 28 de Maio terán lugar as III Xornadas Internacionais de Protésicos Dentais de Andalucía, en Torremolinos (Málaga).

Carta Informativa da Consellería de Sanidade

Dende a Consellería de Sanidade poñen en coñecemento do Colexio a ilegalidade das prácticas de hixienización para o reprocesado de produtos de ortodoncia comercializados dun só uso.

Acordo de colaboración entre o Colexio e o Hotel Spa Galatea

O Colexio e o Hotel Spa Galatea, sito na rúa paxariñas s/n, de Sanxenxo chegaron a un acordo de colaboración por medio do cal todos os colexiados e os seus familiares disfrutarán dun 10% de desconto en todos os servizos que o hotel ofrece, á hora de facer as súas reservas.

Curso master Nondas mayo 2016

Os días 27 e 28 de maio en Dental López realizarase un curso de combinación de 3 carillas e 3 coronas en e.max impartido por Nondas Vlachopoulos. O prezo do curso é de 1.250€, para reservas y mais información comunicacion@dentalopez.com.

Asemblea Xeral Ordinaria do 5 de marzo

O vindeiro sábado día 5 de marzo procederase á celebración da Sesión Ordinaria nº 1/2016 da Asemblea Xeral, a cal terá lugar no Hotel NH Atlántico, sito nos xardíns Méndez Núñez s/n, da cidade de A Coruña, ás 10:00 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda convocatoria.

Lei do IVE dos dentes artificiais

Con data 29 de Xullo de 201 5 emite a Dirección Xeral de Tributos unha resolución en referencia ao imposto sobre o Valor Engadido: esta resolución que ten carácter vinculante, salvo que algunha Directiva Europea contradígaa: obriga aos depósitos e provedores de taboíñas de dentes e clientes en xeral, a repercutir o 10% do Imposto de IVE na súa adquisición.

Programa Universitario

A Universitat Internacional de Catalunya organiza o Programa Universitario Avanzado en Dixitalización e Prótese Mecanizada para Técnicos Dentais para o curso académico 2015-2016.

Cursos e Conferencias

O Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia organiza unhas novas conferencias que terán lugar o vindeiro sábado día 28 de novembro, no salón Auditorio do Hotel Tryp Santiago na cidade de Santiago de Compostela.

Resolución do Consello de Defensa da Competencia de Andalucía

Por medio da cal se impoñen sancións que suman en conxunto máis de 139.000 euros a todos os Colexios de Dentistas Andaluces e ao seu Consello Xeral por levar a cabo prácticas restritivas de competencia, tendentes a impedir aos pacientes elixir libremente ao protésico dental.

Oral Design International Sympsium

Durante os días 16, 17, 18 e 19 de Setembro terá lugar en Madrid unha nova edición de este simposium internacional.

Curso de Encerado Diagnóstico

O 5 de Xuño de 2015 terá lugar un curso de Encerado Diagnóstico de 10:00 a 20:00 no Estudio Dental Rafa Piñeiro sito na Plaza de Compostela 10, 36201 Vigo.

II Congreso Nacional de GC

O vindeiro 4 de Xuño ás 15:00h cerrase o prazo de inscrición ao II Congreso Nacional de GC, que terá lugar o día 6 de Xuño de 2015 en Madrid.

Curso: Prótese completa sobre paciente

Os vindeiros 19 e 20 de Xuño terá lugar o curso "Prótese completa sobre paciente" impartido por D.José Mª Fonollosa. O curso realizarase nas instalacións do Centro Formación Profesional Folguera-Vicent en Alboraya (Valencia).

Curso: Restauracións cerámicas

O vindeiro 12 de Xuño tendrá lugar o curso "Restauracións cerámicas con Initial IQ Lustres Pastes" impartido por Oscar Jiménez en Madrid. O curso está limitado a 12 participantes.

Novo Curso en Vigo

O Venres 15 de Maio de 2015 terá lugar no Hotel Eurostars Mar de Vigo sito na Av. Beiramar, 57-59 en Vigo un curso impartido por Sr. Javier Valladares Relaño sobre "Prótese dixital: Un futuro presente".

Curso de Carillas de Cerámica con Muñón Refractario

Os días 19 e 20 de Xuño terá lugar en Ourense un curso de Desenrrolo de Carillas de Cerámica con Muñón Refractario que será impartido polo técnico especialista en Prótese Dental e poñente de cursos a nivel nacional e internacional, Miguel Ángel Cano, nas instalacións de Dental López Laboratorio.

Curso avanzado de cerámica Initial

Impartido por Joshua Polansky, tendrá lugar en Madrid os próximos 16 e 17 de Abril. O curso está dirixido a un máximo de 12 participantes e o enfoque será eminentemente práctico. O curso inclue a entrada gratuita ás V Xornadas Técnicas de Prótese Dental que se celebrarán en Madrid os días 17 e 18 de Abril.

III Congreso Internacional de Prótese Dental 2015

Os próximos días 12 e 13 de Xuño de 2015 no Hotel Silken Puerta Valencia o Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Castellón e Valencia organiza o III Congreso Internacional de Prótese Dental 2015.

Forum Dental 2015

Do 7 ao 9 de Maio terá lugar o Forum Dental 2015 no recinto Gran Vía de Barcelona.

Campus Bio-Emulation

O 4 e 5 de Xullo en Berlín celebrarase o Campus Bio-Emulation.

V Xornadas Técnicas en Madrid

No Círculo de Bellas Artes Madrid terá lugar os días 17 e 18 de Abril as V Xornadas Técnicas de Prótese Dental

Asemblea Xeral Ordinaria do 28 de marzo

Asemblea Xeral Ordinaria do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia

X Xornadas de Confraternidade

 próximo 28 de Marzo de 2015 terá lugar a celebración das X Xornadas de Confraternidade Colexial no Gran Hotel Los Abetos de Santiago de Compostela (Rúa San Lázaro s/n).

Tarifa especial en voos

Para os voos á Feira IDS 2015 (Colonia), tódolos colexiados teñen tarifa especial con Viajes El Corte Inglés. Prezos dende Galicia a partir de 399,44€

Formación Online

O Xoves 19 de Febreiro ás 22:00h impartirase un curso de Implantes inmediatos con provisionalización inmediata en protocolo flapless.

Curso de Fotografía Dental

En Dental López Laboratorio están organizando un Curso de Fotografía Dental que será impartido polo doutor Hugo Campos e polo protésico Fernando Zozaya, os días 27 e 28 de marzo en Ourense.

II Reunión Conxunta

O 15 de Novembro de 2014 terá lugar a II Reunión Conxunta do Colexio de Odontólogos e Estomatólogos de A Coruña e do Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia no hotel Puerta del Camino de Santiago de Compostela.

Novo Congreso

Dende a Asociación Portuguesa de Técnicos de Próteses Dentais nos fan chegar información de un congreso os días 17 e 18 de Outubro.

Curso Teórico o 25 de Outubro en Madrid

Vaise celebrar en Madrid o 25 de Outubro de 2014 un curso teórico "A nova visión do tratamento odontolóxico no século XXI" dirixido a profesionais da odontoloxía. A cuota de inscrición son 150 € e o curso será de 09:30h a 20:15h.

Cursos en Esprohident

Xa están dispoñibles os cursos de formación 2014/15 para protésicos e hixienistas dentais no centro Esprohident.

I Congreso Anual Asociación Gallega de Formación Odontológica

A Asociación Gallega de Formación Odontológica (AGFO), unha asociación sen ánimo de lucro, organiza o vindeiro Sábado 4 de Outubro do 2014 o "I Congreso Anual" que terá lugar de 10:00 a 19:00 horas no hotel NH Obradoiro sito na Avenida Burgo das Nacións s/n de Santiago de Compostela.

Congreso Internacional de Prótese Dental

O 26 e 27 de setembro no Palacio de Exposicións e Congresos de Santander, terá lugar un punto de encontro onde os técnicos dentais expertos comparten os fantásticos resultados dos seus traballos e experiencias de forma didáctica. Ata o 30 de Xuño terá un desconto do 30% no prezo da inscrición...

IV Curso de Ciencias Básicas da Saude

Dirixido a titulados en FP en Prótese dental e Hixiene Bucodental. O Curso de Ciencias Básicas da Saude permite eo ACESO ÁS TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS E POLITÉCNICAS de CESPU de Portugal, como Ciencias Biomédicas, Mediciña dentaría (Odontoloxía), Farmacia, Prótese dental, etc.

Novo curso Próteses híbridas impecables en Logroño

Celebrarase o 13 de Xuño en Logroño ditado por D. Francisco Troyano.

Novo curso Estratificación con Cerámica Initial

Celebrarase os próximos 12 e 13 de Maio de 2014 no Centro de Formación en Leuven (Bélgica), ditado por D. Dirk Galle (en castelán).

IX Xornada de Confraternidade Colexial

Con data de 29 de marzo de 2014 terá lugar a celebración as IX Xornada de Confraternidade Colexial. A dita xornada terá lugar na cidade de Lugo, no Restaurante Manuel Manuel sito na rúa Monte Faro nº 29, e nas mesmas se procederá á comida de Confraternidade Colexial durante a cal se rendirá homenaxe aos seguintes colexiados:

Asamblea Xeral Ordinaria do 29 de marzo

O vindeiro sábado día 29 de marzo procederase á celebración da Sesión Ordinaria nº 1/2014 da Asemblea Xeral, a cal terá lugar no Hotel Exe Puerta De San Pedro, sito na rúa Río Neira 29, da cidade de Lugo, ás 10:30 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda convocatoria.

II Congreso Internacional de Protésicos Dentais

Celebrarase en Valladolid os próximos 25 e 26 de Abril de 2014.

Tódolos detalles en: http://www.congresoprotesicosdentales.com/

Novo curso Próteses híbridas impecables

Celebrarase o 1 de Marzo en Santa Cruz de Tenerife ditado por D. Manuel Izquierdo e 0 23 de Maio en Granada ditado por D. Francisco Troyano.

Solucións á odontoloxía no século XXI

Este venres día 16 de xaneiro de 2014 terá lugar unha xornada de portas abertas en ED-RP na que se poderá disfrutar utilizando os microscopios Zeiss, facendo impresión e deseño dixital co concepto Synergia de Phibo ou utilizando os últimos meteriais de Ivoclar Vivadent.

Axudas a Proxectos de Creación ou de Inversión en Pemes

O pasado venres 13 de Decembro publicouse no DOG a resolución do IGAPE pola cal se aproban as bases reguladoras das axudas aos proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e procédese á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (Galicia Emprende).

VIII Congreso de Actualización en Implantoloxía

Un ano máis organízase o Congreso de Actualización en Implantoloxía que este ano cumple a súa oitava edición e que se celebrará os próximos días 7 e 8 de Febrero, no Auditorio Norte de IFEMA en Madrid. Ademais tamén están organizados distintos cursos monográficos en salas simultáneas de aforo reducido. As inscricións serán adxudicadas estrictamente no orde de inscrición.

I Reunión Conxunta Colexio Odontólogos de A Coruña e Colexio Hixienistas Dentais de Galicia

I Reunión Conxunta Colexio Odontólogos de A Coruña e Colexio Hixienistas Dentais de Galicia.

Presentación teórico-práctica de Kuss Dental

Presentación teórico-práctica dos productos fotopolimerizables da empresa Kuss Dental.

Próteses híbridas impecables: un reto actual

Novo curso "Próteses híbridas impecables: un reto actual"

III Xornadas Técnicas

O 26 de outubro de 2013 terán lugar a celebración das III Xornadas Técnicas. Terán lugar na cidade de A Coruña, no Hotel NH Atlántico, nas mesmas pocederase á comida de Confraternidade Colexial na que se rendirá homenaxe ó colexiado José Antonio Noya Figueira pola súa traxectoria profesional.

Salón Dental de Implantoloxía

Vaise celebrar en Madrid o Salón Dental de Implantoloxía, o vindeiro 26 de setembro ás 15:00 ata o 28 de setembro. A entrada será gratuita con inscrición previa, tamén se farán talleres prácticos e cursos-taller.

Estratificación con composite GRADIA y composite de encías GRADIA GUM

Dende GC Europe nos mandan información de un novo curso "Estratificación con composite GRADIA y composite de encías GRADIA GUM" dictado por D. Francisco Troyano que se celebrará en Madrid o próximo 18 de Outubro de 2013.

Vacante Protésico dental Bélgica

Binternational.es, empresa adicada á la realización de procesos de preseleción para empresas extranxeiras solicita de maneira urxente un Técnico Superior en Prótese Dental, con gran experiencia traballando sobre porcelana. Localización: Antwerp, Flandes, Bélgica.

Torneo de padel Porsche Premium Trophy

Centro porsche Vigo, invítanos a disputar o torneo de padel Porsche Premium Trophy que se vai celebrar os días 21, 22 e 23 de Xuño nas instalacións do Real Club Nautico de Vigo.

I Premio de Relato Corto

A revista GACETA DENTAL convoca o I PREMIO DE RELATO CORTO, os textos presentados a este premio terán que estar relacionados no seu argumento ou en algúnha das súas personaxes principais co mundo do sector dental. O relato gañador será publicado en GACETA DENTAL e o seu autor recibirá unha placa acreditativa.

II Congreso internacional de prótesis dental 2013

Os días 24 e 25 de Maio o Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Castellón e Valencia organizan un congreso con catro ponencias sobre CAD/CAM, Circonio, etc.

I Congreso Nacional de GC

O vindeiro día 11 de maio de 2013, terá lugar a celebración do I Congreso Nacional de GC “Caminando juntos hacia la excelencia estética”, no Teatro Goya da cidade de Madrid.

I European Dental Forum

Terá lugar os próximos días 11, 12 e 13 de abril de 2013, en Fira Barcelona, no Recinto Ferial de Gran Vía de Barcelona (Avda. Juan Carles I, 64 de l'Hospitalet de Llobregat) Barcelona. Os días 12 e 13, ademais de celebrarse outros actos para odontólogos e hixienistas, estarán dedicados aos protésicos dentais, no "Dental Técnic 2013".

Novidades Lexislativas

Con data de 1 de febreiro de 2013, publicouse no BOE a Orde ECD/109/2013 pola que se establece o currículo de ciclo formativo de grao Superior correspondente ao Título de Técnico Superior en Próteses Dentais.

Composición da xunta electoral

Finalizado o prazo para a formulación de renuncia ao cargo da Xunta de Goberno para optar, no seu caso, a reelección do próximo día 26 de marzo do 2013, o Pleno en sesión celebrada o pasado 19 de xaneiro, tomou coñecemento das seguintes renuncias...

Convocatoria de eleccións e exposición ó público do censo electoral provisional

Ponse en coñecemento de todos os colexiados que o Pleno da Xunta de Goberno, en sesión celebrada o 26 de decembro de 2012 e de conformidade co disposto no artigo 45º.1, adoptou acordo de CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS, quedando fixada a data da xornada electiva o día 26 DE MARZO DE 2013, na sede social, sito na Rúa Hórreo 7, 1º Esquerda, de Santiago de Compostela, entre as 10,00 e as 18,00 horas.

Asemblea Xeral Ordinaria do Colexio 19 de xaneiro

O vindeiro sábado día 19 de xaneiro procederase á celebración da Sesión Ordinaria nº 1/2013 da Asemblea Xeral, a cal terá lugar no Hotel Tres Luces, Calle Cuba nº 19, da cidade de Vigo, ás 10:00 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda convocatoria.

Novas Conferencias no Colexio Oficial de Protesicos Dentais de Madrid

O día 31 de Xaneiro terá lugar na sede do Ilustre Colexio Profesional de Protésicos Dentais de Madrid, ás 19:00, dúas poñencias ó cargo de Mariano Bueno Ros e Víctor Vives Roca...

Nova xornada en Madrid

Os días 1 e 2 de marzo de 2013 celebrarase en Madrid as IV Xornadas Técnicas de Prótese Dental.

Licenza de funcionamento de productos sanitarios a medida

O Colexio ten coñecemento que dende a Xefatura Territorial da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade de A Coruña, se está requirindo aos laboratorios de prótese dental desta provincia, que non dispoñen da licenza de funcionamento de produtos sanitarios a medida, para que procedan á súa tramitación.

Principais novidades tributarias

Con motivo das distintas modificacións fiscais que se están a producir ao longo deste ano, quixemos resumir a grandes trazos, aqueles aspectos que consideramos de principal interese tanto para a súa actividade profesional como para a súa vida cotiá.

Curso máster de estratificación cerámica

Curso máster de estratificación cerámica con Maichael Brüsch e Ralf Dahl.

Curso teórico práctico de estratificación de materiais brancos e fotografía dental

Este curso ditado polo Sr. D. Joaquín García Arranz que se celebrará en Madrid os próximos 14-15 de Setembro de 2012...

II Xornadas Técnicas

Con data de 29 de setembro de 2012 terán lugar as II Xornadas Técnicas que se celebrarán na sede da Delegación do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña, sita na rúa de San Pedro de Mezonzo 41 baixo, de Santiago de Compostela, entre as 09:30 horas e as 19:30 horas.

Curso: Carga inmediata predecible

Organizado polo Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos de Pontevedra-Ourense. O vindeiro venres 29 de xuño no Hotel Ciudad de Vigo, sito na rúa Concepción Arenal 5, da cidade de Vigo, terá lugar o curso "Carga inmediata predecible".

Xornada Anual de Confraternidade Colexial

O vindeiro día 16 de xuño no Restaurante María Castaña de Vigo, terá lugar a Xornada Anual de Confraternidade Colexial deste ano 2012.

Curso: Actualización Clínica dos aparatos funcionais en ortodoncia

Organizado polo Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos de Pontevedra-Ourense. Os vindeiros días venres 1 e sábado 2 de xuño no Hotel Ciudad de Vigo, sito na rúa Concepción Arenal 5, da cidade de Vigo, terá lugar o curso "Actualización Clínica dos aparatos funcionais en ortodoncia".

I Xornadas Clínica-Laboratorio

Organizado polo Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia e con data 5 de maio de 2012 terán lugar as I Xornadas Clínica-Laboratorio que se celebrarán no Auditorio do Centro Social Novagalicia Banco, sito na rúa Policarpo Sanz 34-26, da cidade de Vigo, entre as 09:00 horas e as 19:30 horas.

Asamblea Xeral Ordinaria do 17 de marzo

O vindeiro sábado día 17 de marzo procederase á celebración da Sesión Ordinaria nº 1/2012 da Asemblea Xeral, a cal terá lugar no Centro Sociocultural Novacaixagalicia, sito na Praza de Cervantes nº 17, de Santiago de Compostela, ás 10:00 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda convocatoria.

Novo curso en Ourense

Os vindeiros días venres 27 e sábado 28 de xaneiro no Hotel Eurostars Auriense, sito na rúa Cumial 12, da cidade de Ourese, terá lugar o curso "Ortodoncia para todos. Posta ó día nos problemas diagnósticos e de abordaxe clínico". O prezo para os protésicos colexiados e estudantes de prótese dental será o mesmo que para os odontoestomatólogos e estudantes. Mais información, no triptico que se axunta.

Conferencias 19 de novembro de 2011

Con data 19 de novembro de 2011 celebraranse dúas conferencias, que terán lugar na sede social do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña, sita na rúa San Pedro de Mezonzo 41 baixo, da cidade de Santiago de Compostela, entre as 09:30 horas e as 18:00 horas.

Novidade Lexislativa

Con data de 11 de xullo de 2011 foi publicado no BOE o RD 887/2011, de 24 de xuño, polo que se complementa o catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, mediante o establecemento de tres cualificacións profesionais correspondentes á Familia Profesional Sanitaria.

Estética do grupo anterior con protese fixa, dento ou implantosoportada

Os vindeiros días 11 e 12 de novembro de 2011 celebraranse as conferencias sobre “Estética do grupo anterior con protese fixa, dento ou implantosoportada”, organizadas polo Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos da XI Rexión (Pontevedra-Ourense) que terán lugar no Hotel Cidade de Vigo, sito na rúa Concepción Arenal nº 5 de Vigo. As ditas conferencias serán impartidas polos ditantes Dr. Ernest Mallat Callís e polo Dr. Javier de Miguel Ferreiro.

Dúas conferencias para o 22 outubro de 2011

Con data 22 de outubro de 2011 celebraranse dúas conferencias, que terán lugar na sede social do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña, sita na rúa San Pedro de Mezonzo 41 baixo, da cidade de Santiago de Compostela, entre as 09:30 horas e as 14:00 horas. As ditas conferencias serán impartidas polos ditantes Dr. Federico Herrero e D. Juan Carlos Delgado baixo o título "Actualización e novas tecnoloxías en próteses sobre implantes".

IX Congreso da sociedade española da ciruxía bucal

En Zaragoza do 29 de setembro ó 1 de outubro do 2011. Técnicas básicas afrontadas por diferentes especialistas. Técnicas de vanguardia avaladas por documentación científica State of the art en ciruxía bucal.

VI Xornadas de Confraternidade Colexial

O pasado día 25 de xuño de 2011 na Casa das Palabras Verbum da cidade de Vigo, celebráronse as VI Xornadas de Confraternidade Colexial organizadas polo Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia.

Curso 9 de xullo de 2011

Con data 9 de xullo de 2011 celebraranse tres conferencias, que terán lugar na Casa das Palabras Verbum, sita na Avda. de Samil nº 17, da cidade de Vigo, entre as 10:00 horas e as 18:00 horas.

Asamblea Xeral Extraordinaria do 25 de xuño

O vindeiro sábado día 25 de xuño procederase á celebración da Sesión Extraordinaria nº 2/2011 da Asemblea Xeral, a cal terá lugar na Casa das Palabras Verbum, sita na Avenida de Samil nº 17 de Vigo (Pontevedra), ás 18:00 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda convocatoria.

VI Xornadas de Confraternidade Colexial

Con data de 25 de xuño de 2011, procederase á celebración das VI Xornadas de Confraternidade Colexial as cales terán lugar na Casa das Palabras VERBUM da cidade de Vigo.

Memoria Anual 2010

Ao abeiro do disposto no artigo 11 da Lei 2/1974, de 13 de febreiro, sobre colexios profesionais, modificado pola Lei 25/2009, de 22 de decembro, de modificación de diversas Leis para a súa adaptación á Lei sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, procédese á publicación da memoria anual correspondente ao exercicio 2010. 

Conferencias para o 4 de xuño de 2011

Con data 4 de xuño de 2011 celebraranse dúas conferencias, que terán lugar no Colexio Oficial de Médicos de A Coruña en Santiago de Compostela, sito na rúa San Pedro de Mezonzo nº 41, Baixo, dende as 10:00 horas ás 13:30 horas.

Poñencias da Consellería de Sanidade

Con data de 4 de abril de 2011 ditouse pola Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Provincia da Coruña Resolución por medio da cal se acorda outorgar o recoñecemento de interese sanitario ás poñencias a impartir polos ditantes D. GONZALO ALONSO e D. MIGUEL ANGEL CANO, con data de 30 de abril de 2011 no Centro Social Novacaixagalicia, sito na cidade de Santiago de Compostela.

Novas conferencias

Con data 26 de febreiro de 2011 celebraranse dúas conferencias, que terán lugar no Salón de Actos do Colexio de Médicos en Santiago de Compostela, sito na rúa San Pedro de Mezonzo nº 39-41, dende as 9:30 horas ás 13:30 horas.

Asamblea Xeral Ordinaria do 19 de febreiro

O vindeiro sábado día 19 de febreiro procederase á celebración da Sesión Ordinaria 1/2011 da Asemblea Xeral, a cal terá lugar na Sala de Conferencias do Centro Social Novacaixagalicia, C/Augusto González Besada (Pontevedra), ás 10:00 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda convocatoria.

Convenio de colaboración con Program Vision

O Colexio acaba de subscribir un acordo coa entidade Program Vision por medio do cal se ofrecen descontos a todos os colexiados, ademais dos seus familiares en materia de Revisión ocular e adaptación de lentillas aquisición en os seus produtos (gafas de sol, monturas de vista, cristales, lentillas, líquidos accesorios…), garantía para cualquiera gafa de graduado e/ou calquera arranxo que necesite a gafa.

Cotización dos autónomos para a cobertura por cese de actividade

A Lei 32/2010, de 5 de agosto, pola que se establece un sistema específico de protección por cese de actividade dos traballadores autónomos entrou en vigor o día 6 de novembro. A partir desta data crease un período tamén de tres meses, con carácter excepcional, para que os autónomos que actualmente non cotizan por accidente de traballo e enfermidade profesional podan facelo, beneficiándose así mesmo da nova prestación. Prazo excepcional que concluirá o 6 de febreiro de 2011.

Curso: Protocolo diario, cerámica rosa en maxilar atrófico

O dito curso será impartido por D. Artemio Picaza e D. Eduardo Setién, e terá como obxectivo presentar a experiencia diaria durante anos de traballo con cerámica rosa. A demostración sinxela realizando a carga das diferentes masas tanto de traballos convencionais como sobre implantes e traballos mixtos, así como a explicación paso por paso da sistemática utilizada para traballos estéticos en maxilares atróficos; incluíndo tanto a demostración dos protocolos de traballo no laboratorio, como as probas adicionais realizadas na clínica.

Roberto Portas Moure, premio á mellor comunicación oral

O colexiado Roberto Portas Moure recibiu o premio á Mellor Comunicación Oral no Congreso SEPES 2010, polo seu traballo “Resultados estéticos con microcarillas: simplificando a estética” en colaboración co profesional Rafael Piñeiro Sande.

Acordo con Hotelopia

O Colexio acaba de subscribir un acordo con Hotelopia por medio do cal se ofrecen descontos a todos os colexiados, ademais dos seus familiares e amigos sobre o prezo mínimo de hoteis e apartamentos en mil destinos de todo o mundo.

Celebración das V Xornadas de Confraternidade

O pasado día 3 de Xullo de 2010, nas instalacións do Hotel Samil de Vigo, celebráronse as V Xornadas de Confraternidade organizadas polo Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia.

III Congreso Nacional de Autónomos

Ó mesmo tempo celebrarase a Gala do Día do Autónomo de Galicia, na que se fará entrega das primeiras Medallas de Ouro da Federación de Autónomos a destacadas personalidades, ademais recoñecerase y premiarase a labor dos socios fundadores da nosa asociación pola súa traxectoria e traballo.

Curso de Implantoloxía Dental

Curso de Implantoloxía Dental organizado pola clínica Dr. Candia en A Coruña. Será dos días 23 de Outubro ó 27 de Novembro.

I Feira do Emprego de Santiago de Compostela

O Concello de Santiago, en colaboración con entidades representativas do ámbito social e económico da nosa cidade, está organizando a I Feira de Emprego de Santiago de Compostela que se celebrará os días 7 e 8 de outubro. O obxectivo fundamental é servir de punto de encontro entre demandantes de emprego e empresas, facilitando os procesos de selección de persoal. Na páxina web www.feiradoempregosantiago.org poden consultar toda a información sobre as actividades que se realizarán e, como poderán comprobar, a inscrición das empresas e dos desempregados realízase a través da propia web. Asimesmo é posible seguirnos a través do facebook.com

Convenios colectivos sobre Prótese Dental

Sendo un dos obxectivos da nova Xunta de Goberno a realización dun convenio colectivo, de cara a formalización do mesmo poderedes observar distintos convenios doutras comunidades autónomas e provincias.

Programa de Promoción do Emprego Autónomo

A Consellería de Traballo subvencionará a promoción e axuda a financiar aqueles proxectos empresariais que faciliten a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que desenvolvan a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores ou traballadoras autónomos/as ou por conta propia, así como apoiar a consolidación dos seus proxectos empresariais mediante o fomento da contratación indefinida.

A Xunta concederá diversas axudas económicas

O pasado día 7 de abril do 2010 publicouse no DOGA a Orde de 18 de marzo pola cal se publican as bases para a concesión de axudas individuais en réxime de concorrencia competitiva para persoas maiores, persoas con discapacidade e persoas en situación de dependencia empadroadas na comunidade autónoma de Galicia.

Presentación de Protech tecnoloxía CAD-CAM

O vindeiro venres día 9 de abril ás 19:00 horas no Hotel NH Obradoiro, sito na Avenida do Burgo das Nacións s/n, de Santiago de Compostela, terá lugar por mediación de Avinent coa colaboración do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia a presentación de Protech Customized Prosthetics, CAD-CAM de última xeración.

Asamblea Xeral Ordinaria do 26 de marzo

O vindeiro venres día 26 de marzo procederase á celebración da Sesión Ordinaria 1/2010 da Asemblea Xeral, a cal terá lugar no Hotel Francisco II, sito na rúa Bedoya nº 17 (esquina coa Avda. Buenos Aires) Ourense, ás 18:30 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda convocatoria.

Prazo de inscrición para o Curso de Próteses Flexibles

Xa está aberto o prazo de inscrición para o Curso Interactivo de Próteses Flexibles. 

Publicación no BOE do Real Decreto 1591/2009

Con este Real Decreto transponse a Directiva 2007/47/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 5 de setembro do 2007, polo que se modifica a Directiva 90/385/CEE do Consello, relativa á aproximación das disposicións dos Estados membros sobre os produtos sanitarios implantables activos, a Directiva 93/42/CEE do Consello, relativa aos produtos sanitarios e a Directiva 98/8/CE relativa á comercialización de biocidas, incorporando asimesmo nun único texto todas as modificacións habidas ata a data, facilitando con isto a súa aplicación.

Convenio de colaboración

Debido á obrigatoriedade de cumprir a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPD), e o seu regulamento de desenvolvemento estipulado no RD 1720/2007, de 21 de decembro, o COLEXIO OFICIAL DE PROTESICOS DENTAIS DE GALICIA asinou un convenio de colaboración con LODPDAT PROTECCION DE DATOS S.L (LOPDAT).

III Congreso Internacional en Alicante

Os vindeiros días 2 e 3 de outubro celebraráse o III Congreso Internacional da INTERNATIONAL ACADEMY OF IMPLANTOPROSTHESIS OSTEO-CONECTION (I.A.I.O) no Pazo de Congresos da cidade de Alicante.

A Xunta aproba diversas axudas económicas

A Xunta de Galicia concederá axudas económicas a persoas maiores de 65 anos, discapacitadas ou que estean en situación de dependencia, para reformas e adaptacións no fogar, compra de próteses dentais e audífonos ou axudas técnicas para o normal desenvolvemento da súa vida diaria. O obxectivo é fomentar a autonomía persoal destes grupos.

Información para Colexiados Autónomos

Desde UPTA, en colaboración coa Universidade Complutense de Madrid e a Agrupación de Traballadores Autónomos (ATA), estáse facendo o "Estudo sobre a prestación por cese de actividade" co fin de coñecela opinión do colectivo de Autónomos sobre a citada prestación e as suas características e opinións.

Nova liña de avais para autónomos

As asociacións nacionais de autónomos con maior implantación, Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA), Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos (ATA), e a Federación Española de Autónomos (CEAT), asinaron hoxe na sede do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo un convenio de colaboración coa Confederación Española de Sociedades de Garantía Recíproca (CESGAR) e a Compañía Española de Reafianzamiento S.A. (CERSA) para mellorar o acceso dos traballadores autónomos ao sistema de garantías ofrecido polas Sociedades de Garantía Reciproca (SGR) en todas as Comunidades Autónomas.

Triste pérdida de D. Luis Navarro Abad

Ante a triste pérdida de D. Luis Navarro Abad, presidente do colexio de Protésicos da Comunidade de Madrid, facemos chegar as nosas condolencias máis sentidas. 
D. Luis Navarro, era una querido compañeiro e amigo, defensor da nosa profesión e que mantiña unhas excelentes relación co noso colexio.

II Jornadas Técnicas de Prótesis Dental de Madrid

O Colexio Profesional de Protésicos Dentales da Comunidade de Madrid celebrará as II Xornadas Técnicas de Prótesis Dental os próximos 13 e 14 de Marzo de 2009. Durante estes días se impartirán tanto conceptos teóricos como prácticos das últimas tecnoloxías aplicadas ao laboratorio.

Expo Orto 2009

Para iso, o comité organizador busca realizar un encontro, onde empresas como a túa, dispoñan da plataforma idónea para presentar os seus produtos, acceder a clientes potenciais, tomarlle o pulso real ao mercado,? e onde todo aquel que teña unha inquietude, atope unha posibilidade de suscitala, discutila e satisfacela no momento, dentro do marco profesional máis especializado.

Programas de saúde bucodental

Debido as vindeiras eleccións á presidencia da Xunta de Galicia, o Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia púxose en contacto con tódolos partidos políticos que optan a conseguir algún escaño para que remitisen os seus programas políticos referentes á saúde bucodental.

Triste pérdida de D. Evaristo Mariñas

A Xunta de Goberno do Ilustre Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia, ao comunicar ós/ás señores/as colexiados/as tan triste pérdida.

Curso de Cerámica Inxectada sobre Metal e Zirconio

Este curso impartido pola Sra. Karin De Hert no Hotel Torres de Compostela (próximo o Hipercor) ten como data límite de inscripción o 6 de Maio.

Curso de Técnicas de Soldadura Láser

Aberto o plazo de inscripción para o curso teórico-practico sobre soldadura no que se solucionarán distintos casos con distintos materiais para conseguir un axuste pasivo en grandes estructuras empregando a soldadura láser. 

Curso para Colexiados

O vindeiro 02 de febreiro  ás 09 da mañá, no Hotel Torres de Compostela, D. Ernest Mallat Callís e D. José Mª Fonollosa Plal impartirán un curso práctico sobre prótese parcial removible e rehabilitacións completas acrílicas: teoría e técnica.

Presentación práctica

O vindeiro 27 de outubro de 2007 ás 10 da mañá, no Hotel Torres de Compostela, D. Miquel Coronel Artigas impartirá un curso práctico sobre prótese dental personalizada removible.

Xornadas sobre as Novas Tecnoloxías

O papel esencial das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) nas sociedades modernas está provocando un interés crecente en tódolos ámbitos das comunicacións con desenvolvementos e aplicacións que xiran en torno a internet e as páxinas web. Polo que estas xornadas versarán sobre:

Curso de Perito Protésico

Curso sobre "A función de Perito Protésico. Normas e Criterios de Valoración. O Informe Pericial"

Curso sobre implantes e novos materiais

Xa está dispoñible o tríptico do curso sobre "Traballos sobre implantes: estética e novos sistemas de pasivización e Novos Materiais cerámicos: elaboración e estratificación"

Opcións de contacto

981 571 017

981 581 008

Hórreo 7, 1ºDereita - Santiago de Compostela

coprodegacoprodega.es


Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del R.D. 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información