Residuos Sanitarios

Recursos Sanitarios

A Xunta divulga a Xestión

de Residuos Sanitarios

 

Ao longo do mes de maio, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia realizará unha serie de xornadas formativas e informativas sobre a xestión dos residuos sanitarios nas sete principais cidades de Galicia.

A información vaise achegar a todalas provincias e a inscrición é libre.

Deste xeito, ponse en marcha en a execución das actuacións previstas no Plan de Xestión de Residuos Industriais de Galicia (PRIGA)horario de mañá de 10:00 a 14:00.

Os contidos e a temática a desenvolver distribuiranse en dous bloques, grandes e pequenos centros xeradores, nos que se revisarán as obrigas legais, a perspectiva dos xestores e as experiencias de xestión, tanto no ámbito público como privado. VER PROGRAMA

Nas xornadas informarase sobre a xestión en entidades públicas e privadas, das obrigas xurídicas, de residuos, experiencias de xestión dun pequeno productor, e abrirase un debate entre os interesados.

 

Así, a previsión das xornadas é a que segue:

  • 20 de maioA Coruña: Hospital Abente e Lago

  • 21 de maio Ferrol: Hospital Naval

  • 22 de maio Santiago:Escola Galega de Administración Pública (EGAP)

  • 23 de maio Pontevedra:Hospital de Montecelo

  • 24 de maio Vigo:Hospital Álvaro Cunqueiro

  • 27 de maio Lugo:Hospital Universitario Lucus Augusti

  • 28 de maio Ourense:Hospital Nuestra Señora de Cristal

 

 Para asistir ás xornadas deberase confirmar asistencia na seguinte ligazón​. A asistencia non ten cursto, sendo de libre inscrición.



Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del R.D. 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información