XI XANTAR DE CONFRATERNIDADE COLEXIAL

O vindeiro sábado 29 de xuño, celebraremos o XI Xantar de Confraternidade colexial que terá lugar na Área Recreativa das Illas de Gres, sitas na Parroquia de Gres, Concello de Vila de Cruces, provincia de Pontevedra. O motivo da celebración desta xornada é poder contar cun día no que todo o colectivo de colexiados protésicos dentais teñamos a ocasión de atoparnos, establecer intercambios profesionais así como lazos de amizade.

 A xornada comezará arredor das 13:30 horas coa actuación dun grupo de música tradicional galega, ao que seguirá o xantar de confraternidade colexial; para rematar, logo da comida, cos actos solemnes onde se rendirá cumprido homenaxe a diversos colexiados pola súa traxectoria profesional.

 Para a comida de confraternidade instalarase unha pulpería na que se contará co seguinte menú:

  • Entrantes
  • Polbo
  • Churrasco
  • Postre 
  • Café
  • Bebidas: Viño, refrescos, auga, etc

 

Inscrición: Os prezos do cuberto por por persoa (incluída subvención do Colexio) será de 15,00 euros.

É indispensable remitir por correo electrónico a coprodega@coprodega.es unha copia do boletín de inscrición debidamente cumprimentado.

No caso de facer o ingreso na conta do Banco Santander, tamén se deberá axuntar o xustificante do ingreso bancario xunto co boletín de inscrición.

Podes cumprimentar o boletín de inscrición premendo aquí

 Prégase confirmación de asistencia antes do día 17 de xuño.



Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del R.D. 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información