O misterio interno dos dentes

Un novo libro a disposición dos colexiados

Coñecer o dente, miralo en toda a súa intimidade, véndoo desde distintos puntos de vista e luminosidades é a proposta que nos fai o escritor, dentista e técnico protésico Shogo Yamamoto no magnífico libro “Impacto. Cor e forma interna de dentes anteriores”, adquirido desde hai pouco para a colección do Colexio de Protésicos Dentais de Galicia e está a disposición do no colexio.

Impacto”, é un libro editado por Quintessence Editora, de Brasil. https://quintessenceditora.com.br/ Consta de 127 páxinas de gran formato e ilustracións plastificadas,está escrito en portugués e españolYamamoto é un fino profesional que recentemente estivo en Madrid ofrecendo unha conferencia de gran nivelCon este libro ofrecese a posibilidade de achegar parte do seu traballo e visión do oficio aos profesionais dentais. Feito con fina sensibilidade artesá.

Impacto

As observacións fixéronse baixo luz refractaria translúcida, mediante unha vista de corte transversal no sentido vestibulo-lingual, e soamente parte de esmalte ou dentina desde o punto de vista estrutural e óptico”, di o mestre Yamamoto, quen achega así un estudo sobre dentes superiores de pacientes xaponeses.

Yamamoto

O resultado deste longo traballo é un estudo óptico e fotográfico, que alcanza unha beleza case poética, pero ten como misión atopar a máxima naturalidade na elaboración de cada dente. Yamamoto ofrece cun despliegue fotográfico de gran beleza e precisión a observación dos dentes baixo distintos ángulos de luz e posición. Con esta visión múltiple pretende acadar “un punto de vista obxectivo”.

O libro estuda a estrutura interna dos dentes anteriores superiores, o seu fluorescencia, estuda a influencia das cores da coroa dental de acordo con tres tipos de estrutura interna. Tamén fai un estudo de incisivos laterais, cairos, un capítulo é para os dentes anteriores inferiores así como do esmalte.

 A biblioteca do colexio enriquécese

A biblioteca do Colexio de Protésicos Dentais de Galicia está dispoñible para a súa consulta na súa sede, ou polo mecanismo de préstamo, cunha ampla literatura que permite aos profesionais seguirse formando coas últimas tendencias e cos coñecementos que comparten os mellores especialistas do sector.

Biblioteca



Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del R.D. 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información