Asemblea Xeral Ordinaria

Asemblea Xeral Ordinaria

 O vindeiro sábado día 9 de marzo procederase á celebración da Sesión Ordinaria nº 1/2019 da Asemblea Xeral, a cal terá lugar no Hotel Axis Vigo, sito na rúa María Berdiales nº 22, da cidade de Vigo, ás 10:30 horas en primeira convocatoria  e media hora despois en segunda convocatoria.

 Ao abeiro do disposto no artigo 19, a partir da convocatoria están a disposición dos colexiados na sede social do Colexio e da Secretaría (C/Hórreo nº 7, 1º Dereita, de Santiago de Compostela) os expedientes incluídos na orde do día.

De conformidade co establecido no artigo 17º dos Estatutos, formarán parte da Asemblea Xeral os/as colexiados/as con plenitude de dereitos, debendo os asistentes a partir das 09,30 horas presentarse portando o carné de colexiado ou DNI aos efectos de realizar as comprobacións oportunas.

Por motivos organizativos, prégase aos asistentes puntualidade, e confirmación da súa asistencia a través da Secretaria Técnica do Colexio Tel. 981 571 017 / coprodega@coprodega.es

 Pode ollar a documentación para a Asemblea nos seguintes arquivos:

Acta Sesión Ordinaria Asemblea Xeral 1_2018. 3 de marzo.pdf

Convocatoria Sesión Ordinaria 1_2019, Asemblea Xeral, 9 de marzo.pdf

Bases de Execcuión 2019.pdf

CONTA XERAL 2018.pdf

PRESUPUESTO 2019.pdf



Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del R.D. 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información