Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina
Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín.

As ditas conferencias serán impartidas polos os ditantes D. Miquel Coronell baixo o título “Prótese dental removible persoalizado”; así como por D. Íñigo Casares baixo o título “Anatomía, forma e textura”, o vindeiro día 14 de maio de 2011.
No tocante á poñencia de D. Miquel Coronell o obxectivo desta charla é , mostrar como personalizar os dentes Chepearl modelando enxivias de xeito sinxelo e rápido. Unha prótese removible non ten que ser só funcional, senón tamén estética.
O poñente exporá durante a súa presentación o proceso diario de traballo en laboratorio, explicando os pasos necesariose o material utilizado para a súa confección final. A presentación incluirá casos clínicos reais.
En canto á conferencia de D. Íñigo Casares a estética ten unha importancia capital na actualidade, tamén na odontoloxía moderna. Aínda que en moitas ocasións se ven relegados a un segundo plano, os tres puntos (anatomía, forma e textura) son aos que se terían que prestar maior atención cando se teña que copiar unha peza dental, xa que é máis importante acertar a forma que a luminosidade ou a cor exacta.
Conferencia de Miquel Coronel sobre a Prótese dental removible personalizada
Obxectivo: Amosar como personalizar os dentes Creapearl modelando encías de forma sinxela e rápida. Unha prótese removible non solo ten que ser funcional, tamén estética.
Parte teórica: O poñente expoñerá durante a súa presentación o proceso diario de traballo no laboratorio, explicando os pasos necesarios e o material utilizado para a súa confección final. A presentación incluirá casos clínicos reais.
Conferencia de Iñigo Casares sobre a "Anatomía, forma e textura"
Obxectivo: A estética ten unha importancia capital na actualidade. Tamén na odontoloxía moderna. Engloba aspectos como a cor, tamaño, disposición dos dentes, anatomía, forma e textura.
Aínda que en moitas ocasión se ven desplazados a un segundo plano, estes tres puntos (anatomía, forma e textura) son ós que teriamos que prestar máis atención cando teñamos que copiar unha peza dental, xa que é máis importante acertar na forma da luminosidade ou a cor exacta.
Preguntándonos qué é o máis importante na reconstrucción de un dente, teriamos que responder sempre: Forma, Forma e Forma. Despois luminosidade e cor.
É necesario facer unha análise global do rostro, da boca e do paciente ó que lle vamos realizar a prótese. Só deste xeito poderemos primeiro entender e despois interpretar ben a forma do dente, o que nos dará como resultado unha óptima estética do conxunto.
En infinidade de ocasións nos atopamos no traballo que debemos executar, diferencias relevantes de espacio para realizar a reconstrucción: por eso debemos coñecer a anatomía e disposición dos dentes. Nestes casos estamos obrigados a utilizar ilusións ópticas para conseguir o resultado final desexado: Excelente Estética Dental
O prezo do curso será de 25€ para os colexiados e estudantes e de 75€ para outros profesionais. Podedes descargar a folla de inscrición ou ben realizar a inscrición de xeito telemático seguindo os pasos que se vos indican a continuación: Servizos/Inscrición en cursos