Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina
Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín.

O Concello de Santiago, en colaboración con entidades representativas do ámbito social e económico da nosa cidade, está organizando a I Feira de Emprego de Santiago de Compostela que se celebrará os días 7 e 8 de outubro. O obxectivo fundamental é servir de punto de encontro entre demandantes de emprego e empresas, facilitando os procesos de selección de persoal. Na páxina web www.feiradoempregosantiago.org poden consultar toda a información sobre as actividades que se realizarán e, como poderán comprobar, a inscrición das empresas e dos desempregados realízase a través da propia web. Asimesmo é posible seguirnos a través do facebook.com
Se considera que pode ser útil que os seus colexiados/as participen neste evento agradecemos a difusión que poidan realizar do mesmo e estamos abertos a calquer tipo de colaboración/participación da súa entidade na Feira segundo consideren oportuno. Se dispoñen de sitio web agradeceríamos que nos indiquen se existe a posibilidade de colocar un banner informativo da Feira que redireccione cara a páxina da Feira (no seu caso enviarémoslle os posibles modelos de banner e nos axustaremos as características de estrutura da web).
Para calquer aclaración que precisen poden contactar con nós nos e-mails bolsaemprego@santiagodecompostela.org e ranidod@santiagodecompostela.org ou nos teléfonos 981542493 e 981568752. A persoa de contacto é Rubén Anido.
Graciñas, un saúdo
Oficina de Promoción Económica e Emprego
Concellaría de Promoción Económia e Emprego
Concello de Santiago de Compostela
Non existen comentarios relacionados
Se desexas engadir un novo comentario, debes estár rexistrado como usuario de COPRODEGA. Introduce os teus datos de acceso en caso de estar rexistrado ou rexistrate gratis cubrindo o noso formulario de rexistro.