Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina
Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín.

Tendo en conta que dende o Ministerio de Traballo e Seguridade Social, se estiveron a enviar comunicacións a todos os profesionais autónomos protésicos dentais, coa finalidade de que se comunicara á Tesourería Xeral da Seguridade Social o código CNAE-2009 (Código Nacional de Actividades Económicas) que mellor describira a súa actividade profesional.
Na dita comunicación e ao abeiro do Real Decreto 475/2007, do 13 de abril, procedeuse ao desglose de varios códigos para que se elixa o que mellor se axusta á actividade realizada, á sazón, os códigos 2660, 3250, 3299, 3313 e o 3320, e que o colectivo de protésicos dentais non se atopa encadrado nun código que clasifique e identifique a profesión de protésico dental, senón en distintos grupos que á súa vez se diversifican en distintas clases, debido a un erro tras a publicación do devandito Real Decreto, ao elaborar a nota explicativa dos códigos.
Por outra banda, recibiuse polo Ilustre Consello Xeral da Colexios de Protésicos Dentais de España, realizada con data de 22 de setembro de 2008, pola que se informaba a todos os Colexios de Protésicos Dentais de España, que o código correspondente ao colectivo de protésicos dentais era o 8690, cuxa denominación corresponde a “outras actividades sanitarias”.
Tal e como se vos informara por medio da circular 3/2008, de data 30 de setembro, a Xunta de Goberno logo de observar que os devanditos códigos non se axustaban á actividade do protésico dental, dirixiu una solicitude de aclaración ao Ministerio de Traballo, na que se instaba a que consideraran a posibilidade de modificación deles, co ánimo de acadar a unificación do código para a profesión.
Con data 11 de febreiro de 2009, rebiuse un Oficio do Ministerio de Traballo e Inmigración pola cal en contestación á consulta feita procedían a respostar á consulta feita no seu día con data 16 de outubro do 2008.
O meritado Oficio ven a dicir que na páxina www.ine.es, na ruta: “Clasificaciones – CNAE 2009 – Notas explicativas”, poderanse atopar o desglose das actividades que están comprendidas en cada código. Segundo estas notas, o código 3250 “Fabricación de instrumentos y suministros médicos y odontológicos” comprende, entre otras actividades, a fabricación de artigos e aparatos de ortodoncia e dentaduras postizas. Tamén a fabricación de pezas dentais artificiais, pontes etc. realizada en laboratorios odontolóxicos.
Por outra banda, ven a dicir o dito Oficio que o código 8690 “Otras actividades sanitarias” non comprende a produción por laboratorios dentais de pezas dentais, dentaduras e próteses, remitindo para estas actividades ao código 3250
Non existen comentarios relacionados
Se desexas engadir un novo comentario, debes estár rexistrado como usuario de COPRODEGA. Introduce os teus datos de acceso en caso de estar rexistrado ou rexistrate gratis cubrindo o noso formulario de rexistro.