Estou buscando emprego, ¿Cómo podo apuntarme a unha oferta de traballo?
Para inscribirte a unha oferta de maneira gratuita debes estar rexistrado como usuario da páxina web do Colexio. Podes facelo dende o Formulario de rexistros de usuarios.
Unha vez que xa dispós dunha identificación para acceder á nosa páxina web debes introducir os teus datos de aceso:
- Si eres colexiado do COPRODEGA debes introducir o teu número de colexiado e a contrasinal enviada por correo postal. En caso de non dispor deses datos ponte en contacto connosco a través dos nosos teléfonos. E moi importante que dispoñas da tarxeta de identificación. Introduce os teus datos na pantalla de acceso.
- Si non eres colexiado pero dispós dun nome de usuario e contrasinal debes introducilos na pantalla de acceso.
Unha vez te atopes identificado como membro da nosa web -podes ver na parte superior da pantalla que xa non aparece o formulario de solicitude de datos, senón un saudo do sistema- debes acceder a tua páxina de perfil profesional e engadir os seguintes datos:
- Formación Académica: engade neste apartado toda a información relacionada cos teus estudos en xeral e relacionados coa prótese dental.
- Experiencia Persoal: engade neste apartado a túa experiencia profesional.
- Idiomas: toda a información relacionada cos teus coñecementos en idiomas (oral/escrito) debe ir incluido neste apartado.
- Coñecementos Informáticos: escribe aqui toda a información relacionada cos teus coñecementos informáticos. Valoraranse os coñecementos en programas relacionados coas próteses dentais, ofimática,...
- Outra Información: este apartado está previsto para que anotes toda a información que desexes que non poida ser catalogada en calquera dos apartados anteriores. Utiliza este apartado para engadir datos como carnet de conducir ou unha presentación persoal.
É imprescindible que manteñas a tua información profesional actualizada para ter mais posibilidades de acadar o posto desexado, procura facer os cambios oportunos cada vez que haxa un cambio salientable na tua vida profesional.
Para inscribirte na oferta de traballo debes navegar a través das ofertas de traballo ata atopar a oferta na que desexas inscribirte. Entra nos detalles da oferta.
Na parte inferior da oferta, sempre que te atopes autentificado no sistema, aparece a seguinte opción:
- Se aínda non estás inscrito na oferta, aparecerache a opción de "Quero inscribirne nesta oferta de emprego". Recorda que debes marcar a casilla na que acedes a compartir os teus datos do perfil profesional ao colexiado propietario da oferta de traballo. Se o colexiado non ten acceso aos teus datos non poderá ver a tua información, co que non poderás aceder a esa oferta. No momento que desexes, podes borrarte da oferta deixando de compartir os teus datos do perfil profesional con ese colexiado.
- Si xa estás inscrito na oferta de traballo, podes borrarte da mesma pinchando sobre a opción "Darme de baixa nesta oferta de emprego".