Organizado polo Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos de Pontevedra-Ourense. Os vindeiros días venres 1 e sábado 2 de xuño no Hotel Ciudad de Vigo, sito na rúa Concepción Arenal 5, da cidade de Vigo, terá lugar o curso "Actualización Clínica dos aparatos funcionais en ortodoncia”.
Debido a circunstancias alleas ao Colexio anunciamos o cambio do poñente Sergio Dalmau, o cal ia proceder a dar primeira conferencia das I Xornadas Clínica-Laboratorio que teñen lugar o vindeiro 5 de maio de 2012.
Organizado polo Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia e con data 5 de maio de 2012 terán lugar as I Xornadas Clínica-Laboratorio que se celebrarán no Auditorio do Centro Social Novagalicia Banco, sito na rúa Policarpo Sanz 34-26, da cidade de Vigo, entre as 09:00 horas e as 19:30 horas.
Por circunstancias alleas ao Colexio, vémonos na obriga de comunicar o cambio do lugar fixado nun primeiro lugar para a celebración da sesión 1/2012, da Asemblea Xeral Ordinaria do Colexio. Neste senso, a Asemblea Xeral Ordinaria do Colexio terá lugar no Centro Social Novacaixagalicia sito na rúa do Vilar nº 19, e non no Centro sito na Praza de Cervantes nº 7, fixado nun principio. Desculpade as molestias.
O vindeiro sábado día 17 de marzo procederase á celebración da Sesión Ordinaria nº 1/2012 da Asemblea Xeral, a cal terá lugar no Centro Sociocultural Novacaixagalicia, sito na Praza de Cervantes nº 17, de Santiago de Compostela, ás 10:00 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda convocatoria.