Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina
O Concello de Santiago, en colaboración con entidades representativas do ámbito social e económico da nosa cidade, está organizando a I Feira de Emprego de Santiago de Compostela que se celebrará os días 7 e 8 de outubro. O obxectivo fundamental é servir de punto de encontro entre demandantes de emprego e empresas, facilitando os procesos de selección de persoal.
Con data de 3 de xullo do 2010 na cidade de Vigo, procederase á celebración da V xornadas de confraternidade colexial onde se homenaxearán a diversos colexiados pola súa traxectoria profesional con motivo da súa xubilación. Así mesmo pola Xunta de Goberno acordouse incluír nas xornadas unha nova sección Dedicatoria-Homenaxe con nomeamento a compañeiros/as que destacaran pola súa actividade en beneficio do colectivo profesional, recaendo este ano no colexiado D. Evaristo Mariñas Rivera a título póstumo.
Sendo un dos obxectivos da nova Xunta de Goberno a realización dun convenio colectivo, de cara a formalización do mesmo poderedes observar distintos convenios doutras comunidades autónomas e provincias.
A Consellería de Traballo subvencionará a promoción e axuda a financiar aqueles proxectos empresariais que faciliten a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que desenvolvan a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores ou traballadoras autónomos/as ou por conta propia, así como apoiar a consolidación dos seus proxectos empresariais mediante o fomento da contratación indefinida.
A Xunta de Galicia concederá axudas económicas a persoas maiores de 65 anos, discapacitadas ou que estean en situación de dependencia, para reformas e adaptacións no fogar, compra de próteses dentais e audífonos ou axudas técnicas para o normal desenvolvemento da súa vida diaria. O obxectivo é fomentar a autonomía persoal destes grupos.
O vindeiro venres día 9 de abril ás 19:00 horas no Hotel NH Obradoiro de Santiago de Compostela, terá lugar por mediación de Avinent coa colaboración do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia a presentación de Protech Customized Prosthetics, CAD-CAM de última xeración.
O vindeiro venres día 26 de marzo procederase á celebración da Sesión Ordinaria 1/2010 da Asemblea Xeral, a cal terá lugar no Hotel Francisco II, sito na rúa Bedoya nº 17 (esquina coa Avda. Buenos Aires) Ourense, ás 18:30 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda convocatoria.