Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina
Introduzca su correo electrónico para suscribirse a nuestro boletín.
Capítulo I
Normas Xerais
Artigo 52º. Código deontolóxico
1. As normas do código deontolóxico que se atopan vixentes, unha vez aprobadas pola Asemblea Xeral ou polo Consello Xeral de Colexios de Protésicos Dentais, se procede, serán de obrigado cumprimento no exercicio da profesión, sen prexuízo das outras normas contidas nos Estatutos, especialmente neste Título.
2. O/a profesional colexiado/a é a única persoa autorizada para realiza-las tarefas definidas no artigo 9º.
3. O/a usuario/a da prótese ten dereito de coñecer a aboar directamente ó protésico dental o importe dos seus honorarios sen prexuízo da relación que poida ter co/a odontólogo/a ou estomatólogo/a prescriptor da prótese dental .
Capítulo II
Da inspección dos laboratorios
Artigo 53º. Competencia e responsabilidade profesional
1. A Xunta de Goberno poderá formular inspeccións dos laboratorios a requirimento das autoridades xudiciais ou administrativas que correspondan.
2. Os laboratorios de Próteses dentais deberán ser dirixidos autonomamente polo protésicos dentais que se atopen en posesión de habilitación ou do título de Técnico Superior en Próteses Dentais. Contarán cun responsábel técnico responsábel das faltas cometidas derivadas do exercicio profesional ou do incumprimento das obrigas establecidas na lexislación vixente.